A celebración do día da Paz na Escola rematou en infantil e primaria cun pequeno acto no que os representantes de cada curso, ou cada curso, deron conta do traballo realizado en clase.
Os alumnos de ESO traballaron utilizando como ferramenta o cine.
Con cantigas, co agasallo da foto de cada curso e cun concerto dun grupo de alumnos de ESO despedimos o trimestre e o ano para voltar con folgos renovados logo do merecido descando
Celebramos a chegada do Nadal, días familiares e de agasallos con cantigas en inglés, galego e castelá, co agasallo da foto de cada curso a cada alumno e cunha pequena lambetada. Os alumnos máis pequenos recibiron a Papá Noel.