
Aloya é un Centro docente concertado, de Ensino Secundario. Consta dos ciclos superiores e medios da rama de Administración e Empresas, un ciclo superior de Educación Infantil e unha Escola de Hostelería.
É unha Obra Corporativa do Opus Dei. O seu proxecto educativo encamíñase a conseguir o desenvolvemento intelectual e humano necesario para facer fronte aos retos actuais, e atende aos aspectos intelectuais, culturais, tecnolóxicos, deportivos, sociais e espirituais.
Procuramos a excelencia persoal e académica mediante o asesoramento individualizado ás alumnas e ás súas familias.
Apostamos polo desenvolvemento das virtudes como reforzo imprescindible da vontade nos anos de secundaria.
A solidariedade, o traballo en equipo e o ambiente do centro, fan posible que cada alumna desenvolva harmonicamente a súa personalidade.
Asesoramos a cada alumna na selección dos seus estudos posteriores, atendendo ás súas capacidades, aptitudes e intereses.
Outra información de interese
Gabinete de Orientación Psicopedagóxica.
Asesoramento Personalizado.
Cursos de Formación para Pais.
Actividades extraescolares
Teatro.
Protocolo.
Cociña.
Informática.
Inglés e portugués.
Restaurante-escola propio aberto ao público.
Amosar