Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCIFP Manuel Antonio

CIFP Manuel Antonio - centro público

O Instituto de Educación Secundaria Manuel Antonio de Vigo foi construído, conxuntamente co Centro Residencial Docente (CREDO), en 1976 como Centro de Universidades Laborais dependente do Ministerio de Traballo.

Na actualidade é un centro público de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO) e postobrigatoria (Bacharelatos e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior), dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

O centro, ubicado na ladeira do Meixoeiro, ocupa unha superficie de 52.600 m2, e salienta pola orixinalidade da súa construción e a integración na paixase, pola peculiar combinación de módulos rectangulares e poligonais en diferentes alturas, comunicados entre si por corredores porticados, sendo o material de construcción o formigón prefabricado. O Centro goza dunhas amplas zonas verdes cunha gran variedade de especies de flora e fauna arbóreas.

O IES Manuel Antonio ten como misión impartir un ensino de calidade, onde se conxuga a responsabilidade coa liberdade a través dunhas normas de convivencia dentro dun espírito independente, tolerante e comprometido. Ofrecendo un servizo educativo aberto ás innovacións e requerimentos de toda a comunidade educativa, tendo en conta as peculiaridades individuais do alumnado, posibilitándolles o desenvolverse a nivel persoal, permitíndolles progresar no mundo académico e laboral, e preparándolles para a vida.

Equipamento e instalacións

- Biblioteca.
· Pavillón de deportes.
· Salón de actos.
· 5 aulas de informática.
· Aula de idiomas.
· 6 laboratorios de Química.
· 4 laboratorios de Sanitaria.
· 2 laboratorios de protésico dental.
· 2 Obradoiros de panadería e pastelería.
· 2 Obradoiros de cociña.
· 1 Aula-taller de restaurante.
· 1 Aula-taller de cafetería bar.

Amosar
Oferta educativa
Regulada
FAMILIA PROFESIONAL DE HOSTALARÍA E TURISMO
Ciclo Formativo de Grao Básico:
- CB Cociña e Restauración
Ciclos Formativos de Grao Medio:
- CM Cociña e Gastronomía
- CM Servizos en Restauración
Ciclos Formativos de Grao Superior:
- CS Dirección de Cociña
- CS Dirección de Servizos de Restauración
- CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos
- CS Guía, Información e Asistencia Turísticas
- CS Xestión de Aloxamentos Turísticos

FAMILIA PROFESIONAL DE INDUSTRIAS ALIMENTARIAS
Ciclos Formativos de Grao Medio:
- CM Panadaría, Repostaría e Confeitaría
- CM Elaboración de Produtos Alimentarios

FAMILIA PROFESIONAL DE QUÍMICA
Ciclo Formativo de Grao Medio:
- CM Operacións de Laboratorio
Ciclos Formativos de Grao Superior:
- CS Laboratorio de Análise e de Control de Calidade
- CS Química Industrial
- CS Fabricación de Produtos Farmaceuticos, Biotecnolóxicos e Afins (DUAL)

FAMILIA PROFESIONAL DE SANIDADE
Ciclos Formativos de Grao Superior:
- CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico
· CS Laboratorio Clinico e Biomédico
· CS Próteses Dentais
- CS Hixiene Bucodental
- CS Audioloxía Protésica

FAMILIA PROFESIONAL DE TÉXTIL, CONFECCIÓN E MODA
Ciclo Formativo de Grao Básico:
- CB Tapizaría e Cortinaxe
Ciclo Formativo de Grao Medio:
- CM Confección e Moda
Ciclo Formativo de Grao Superior:
- CS Patronaxe e Moda
FAMILIA PROFESIONAL SEGURIDADE E MEDIO AMBIENTE
Ciclo Formativo de Grao Superior:
- CS Química e Saúde Ambiental
Non regulada
- Probas Libres
- Acreditación de Competencias
- Cursos AFD
Amosar
Outra información de interese

Plans de Mellora:
· Convivencia.
· Biblioteca.
· Tecnoloxías da información e comunicación.
· Xestión do centro.
· Proxecto Emprende (Viveiro de empresas).
· Xestión de bolsa de emprego.
· Convenios de colaboración para a realización da formación en centros de traballo, en empresas do sector público e privado punteiras do tecido produtivo químico, téxtil, sanitario e turístico.

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Galería de vídeos
Etapas educativas
  • FP Básica
  • FP Grao Medio
  • FP Grao Superior
Datos de contacto
  • Tlf: 886 120 750 - 886 120 749
  • Fax: 886 120 776
  • Email: cifp.manuel.antonio@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Avda. de Madrid s/n. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: Lúns a Venres de 08:30 a 14:00 horas Lúns e Mércores de 15:30 a 19:00 horas
  • Clases: FP Básica: 08:40 a 15:00 horas Réxime Ordinario - Diurno: 08:40 a 15:00 horas (ciclos de hostalaría poden rematar ás 16:00 horas) Réxime Ordinario - Vespertino: 15:20 a 21:40 horas (ciclos de hostalaría poden rematar ás 22:40 horas) Réxime Adultos Presencial: 16:20 a 21:40 horas (ciclos de hostalaría poden rematar ás 22:40 horas) Réxime Adultos Distancia: 16:20 a 21:40 horas (só titorias colectivas) Réxime Adultos DUAL: 16:20 a 21:40 horas
Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o twitter do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org