Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCIFP Audiovisual de Vigo

CIFP Audiovisual de Vigo - centro público

 

O CIFP Audiovisual de Vigo naceu no ano 2005 coa vocación de se converter nun centro público de referencia na Formación Profesional audiovisual no sur de Galicia.

 

É un centro de Formación Profesional dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, no que o ensino é público e gratuíto.

 

O CIFP Audiovisual de Vigo é un dos poucos centros públicos galegos dedicados en exclusiva á familia profesional de Imaxe e Son. Nel impártense ciclos formativos de grao medio e superior, cursos de especialización (másteres de FP) e tamén accións formativas de AFD (Formación Profesional para o Emprego).

 

O centro ofrece unha formación integral e actualizada para o sector audiovisual, formando profesionais nas áreas de Son, Produción, Realización, Iluminación e Imaxe, Animación 3D e contornos interactivos, Vídeo DJ e outros ámbitos vinculados á creación, produción e difusión de contidos audiovisuais, tanto no contexto galego como estatal.

 

Equipamento e instalacións

O centro distribúese en diferentes espazos docentes e técnicos adaptados ás ensinanzas audiovisuais. Na entrada principal sitúanse a conserxería, o despacho de administración e espazos de uso común para o alumnado, como unha aula de estudo e unha aula de convivencia.

 

Na primeira planta localízanse as aulas dos ciclos formativos de grao superior, a sala do profesorado, así como os despachos do equipo directivo e dos departamentos didácticos.

 

Na planta baixa atópanse as aulas do ciclo de grao medio de Vídeo DJ e Son, xunto cos almacéns de Son e de Imaxe.

 

O centro conta con infraestruturas profesionais especializadas, entre as que se inclúen un estudo de postprodución, un estudo de gravación, un estudo de radio e once cabinas de edición de son.

 

Na área de Imaxe dispóñense once cabinas de montaxe, unha aula de corrección de cor e un estudo fotográfico.

 

Na denominada Fase 2 sitúanse os grandes espazos escénicos e de produción: o plató de televisión, co seu correspondente control de realización, o plató virtual e o teatro, cun aforo próximo ás 300 butacas, ademais de camerinos, almacéns de decorados e atrezzo.

Amosar
Oferta educativa
Regulada
CM Vídeo disc-jockey. CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos. CS Iluminación, captación e tratamento de Imaxe. CS Produción de audiovisuais e espectáculos. CS Realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos. CS Son para audiovisuais e espectáculos. Máster de FP en Audiodescrición e Subtitulación (único centro público en Galicia que oferta o único máster de FP da familia de Imaxe e Son). Oferta anual de Accións formativas para persoas desempregadas.
Amosar
Outra información de interese

Web: https://cifpaudiovisualvigo.gal/ 

Youtube: https://www.youtube.com/@CIFPAudiovisualVigo

Instagram: https://www.instagram.com/cifp.audiovisual.vigo/

Linkedin: https://www.linkedin.com/in/cifp-audiovisual-de-vigo/

Facebook: https://www.facebook.com/cifpaudiovisualvigo

Amosar
Galerías fotográficas
< Galería 1 >
Etapas educativas
  • FP Grao Medio
  • FP Grao Superior
Datos de contacto
  • Tlf: 886 111 152
  • Email: cifp.audiovisual.vigo@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa de Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 8:30 a 14:00, de luns a venres (agosto pechado).
  • Titorías: Fixadas en cada horario de grupo
  • Clases: Quenda de mañá: 8:30h a 15:00h de luns a venres Quenda de tarde: 15:15 a 21:45 de luns a venres
Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org