Adscrito ao centro: IES A GuíaO CEP Plurilingüe Santa Tegra é un centro aberto e flexible, un centro de futuro que aposta polas novas tecnoloxías e que ten como piar fundamental a educación emocional do alumnado.
Somos un centro dunha sola liña que oferta a etapa de primaria e contamos cunha plantilla de 13 docentes (3 deles compartidos con outros centros). Contamos cunha mestra de PT a tempo completo. Todo o profesorado do centro, excepto o mestre de AL, é definitivo no centro.
Somos un centro plurilingüe que imparte a materia de Educación Plástica e Visual en lingua inglesa e conta con auxiliar de conversa.
A nosa proposta baséase nos seguintes principios: cremos nunha aprendizaxe activa, baseámonos nun currículo integrador, apostamos pola innovación educativa e ofertamos un centro aberto ás propostas e ideas das familias.
Contamos cun profesorado implicado, tecnolóxico, creativo e formado.
O alumnado constitúe o eixo fundamental das nosas actuacións, propoñendo unha atención individualizada, un desenvolvemento cognitivo e afectivo-emocional e fomentando a conexión familia-alumnado-centro.
Pretendemos unha implicación de toda a comunidade educativa na vida do centro, fomentando actividades de colaboración coas familias, implicándoas en proxectos conxuntos, facendo activa a "Escola de familias" e implicando ás mesmas na toma de decisións.
A nosa liña metodolóxica de centro é a seguinte: Aprendizaxe baseada en Proxectos (PBL), Aprendizaxe baseada en Retos (CBL), gamificación e aprendizaxe cooperativa.
Cremos na base neurolóxica da aprendizaxe: desenvolvemento da aprendizaxe socio-emocional (SEL), momentos de reconexión neurolóxica ao longo da xornada e utilización de técnicas de mindfulness.
Levamos a cabio varios proxectos a nivel centro: proxecto "Sen timbre na escola" con utilización da música como elemento de aprendizaxe, "+EF" con actividades físico-motrices dentro dos períodos de aula que favorecen a osixenación do cerebro e a re-conexión neurolóxica , proxecto transversal de Comunicación Linguística para grabar e crear produtos dixitais, proxecto "HortaTegra", proxecto "Asemblea na Educación Primaria" e proxecto Radio Escolar NST.
Ofertamos un centro que integra a tecnoloxía nas aulas coa incorporación de iPads, coa impresión 3D e con aplicacións para o fomento da lectura e a mellora da comprensión lectora, iniciación ao pensamento lóxico (coding) e matemáticas gamificadas.
Ao longo do curso levamos a cabo diversas xornadas: merendas saudables, actividades musicais, magosto e xogos populares, xornadas de inclusión e xornadas de convivencia.
Podedes acceder a toda a nosa información a través da páxina web do centro e dos diferentes blogs.
Comedor con servizo de cátering.
Aula matinal.
Biblioteca dotada con libros de lectura e consulta para todos os niveis, ordenadores, proxector e pizarra dixital.
Aulas dotadas con televisores dixitais e iPads.
Conexión a internet wifi e por cable en todo o centro.
Aulas de música, PT, AL, Audiovisuais, Inglés e Aula SEL (Polos Creativos).
4 patios exteriores e un patio cuberto.
Ximnasio.
Horta escolar.
Durante o horario lectivo facemos saídas didácticas para reforzar os contidos dados nas clases: Naturnova, Biblioteca Central, Museo do Mar, Museo Liste, Coruña (Acuario, Planetario e Domus), saídas pola contorna para coñecer a fauna e flora autóctonas ao monte da Guía e á praia de A Lagoa, excursión de fin de curso ás Illas Cíes organizada pola ANPA e excursión de fin de curso (xornada de convivencia alumnado-profesorado).
Contamos con servizo de biblioteca en horario de 16:00 a 17:00 para préstamos de libros, lectura, consulta de información e realización de traballo do alumnado. A biblioteca está aberta a toda a comunidade educativa.
O servizo de comedor xunto coas actividades extraescolares ofertadas pola ANPA posibilitan a permanencia do alumnado no centro ata as 18:00 horas.
Hai actividades pola tarde nas instalacións do centro a demanda das familias.
Realízanse: baile, teatro (en dúas quendas).
Tamén celebramos no colexio: Samaín, Magosto, Xornadas e Inclusión, Festival de Nadal, Día da Paz, Entroido, Día da muller e a nena na Ciencia, Día de Rosalía, , Semana da Poesía, Semana do Libro, Letras Galegas, Xornada Musical, Festival de fin de curso con graduación do alumnado de 6º...
Saídas e outras actividades: obradoiros, contacontos, concertos, exposicións e actividades conxuntas cos centros adscritos e entidades e/ou asociacións da zona (IES a Guía, EEI Monte da Guía, Centro de Día Atalaia e/ou asociacións e fundacións da zona que oferten actividades de colaboración).
Participamos no Plan Proxecta na modalidade PVAD (Proxectos de Vida Activa e Deportiva), solicitamos o programa do Concello "Música coa Escolar", solicitamos as charlas do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos do Concello de Vigo para 5º e 6º sobre novas tecnoloxías, drogas e alcol, violencia de xénero e acoso escolar, solicitamos o programa "Camiña con nós pola Igualdade" do Concello de Vigo, solicitamos para 5º e 6º as sesións formativas do programa de Educación Vial do Concello de Vigo, visitas guiadas ás instalacións do Concello de Vigo e tamén solicitamos o programa "Coñecemos Cruz Vermella".
Non se oferta.
De luns a venres de 14.00 a 15:45 horas.
vigo.org