Xornada escolar continua con horario de 9:15 a 14:15 h. Situado na zona de Valadares, goza das vantaxes de estar preto da cidade e nunha zona rural rodeado por unha fermosa paisaxe.
O Consello Escolar aproba cada curso a programación xeral anual baseada no PEC así como Programa de Funcionamento do Comedor Escolar.
O colexio ten regulamento de réxime interno e Plan de Convivencia que periodicamente é revisado polo consello escolar. Na xestión do centro ten especial participación a totalidade da comunidade educativa, representada nos diferentes órganos do colexio.
Conmemóranse as festas escolares en paraxes próximas ao centro e en contacto coa
O Centro colabora con todas as actividades que dende organizacións locais se lle propoñan, sempre que teñan algunha relación co ámbito educativo. Ten unha biblioteca con máis de 5.000 volumens que está atendida por pais e nais e coordinada por unha profesora do centro, dende o curso 2007 - 2008 está incluída no PLAMBE da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dende o curso 2010-2011 o Centro inclúese na rede de Centros Plurilingües impartindo a plástica en inglés.
Biblioteca con máis de 5.000 volumes, atendida por nais/pais.
Salón de actos.
Instalacións deportivas: dúas pistas polideportivas, unha delas cuberta e pechada.
Aulas específicas de inglés, música, informática, psicomotricidade, pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe.
Departamento de Orientación
Dous patios, un cuberto e outro cerrado, cunha superficie de 1.500 m2.
Cociña propia.
Comedor escolar.
Club de Lectura LKTL
ANPA
Natación
Inglés
Informática
Taekwoondo
Manualidades
Tenis
Todas as actividades extraescolares son organizadas pola ANPA.
Estas actividades teñen o seguinte horario: de luns a venres, de 16:00 a 18:00 horas.
As nais/pais teñen un grupo de teatro que cada curso representa dúas obras para o alumnado (unha no Nadal e outra a final de curso).
A ANPA organiza unha festa de fin de curso con gran variedade de actividades.
O Centro participa en numerosos programas e plans educativos:
Programa Aliménta-T ben da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, destinado ao fomento do consumo de froita fresca entre o alumnado, con varias campañas de reparto de froita.
Programa Ponlle as Pilas ao teu bocata da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, destinado ao fomento do consumo de peixe en conserva entre o alumnado con degustación de bocatas.
Programa Camiña con Nós pola igualdade do Concello de Vigo.
Plan director da Delegación do Goberno de Galicia e desenvolto polo servizo da policía local orientado a evitar entre o alumnado os ricos da internet.
Charlas e programas organizados polo Departamento de Orientación e servizos sociais do Concello de Vigo dirixidos ao alumnado e familias.
Proxecto de Fomento da Lingua Galega e proxecto para participar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Participación en numerosos obradoiros organizados polo Equipo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo: animación á lectura, expresión oral, tradicións, etc.
Dúas liñas: unha desde Freixo pasando pola EEI Monte do Alba ata o colexio e outra desde o Carregal e os Seixos, pasando pola Costa e a Garrida ata o colexio.
Servizo de aula matinal con coidadora dende as 8:45 ata a hora de entrada ás aulas.
Comedor escolar con cociña propia, con dieta equilibrada e revisada anualmente por especialistas en nutrición infantil e, con atención especial para nenos/as con intolerancia alimentaria. Aberto de 14:15 ás 15:15 horas.
Servizo de vixianza a cargo da ANPA de 15:15 ás 16:00 horas.