Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEP Doutor Fleming

CEP Doutor Fleming - centro público

Adscrito ao centro: IES do Castro

A misión do noso Centro é proporcionar ao alumnado unha formación integral e personalizada, baseada no desenvolvemento de capacidades, habilidades e valores que lle permitan afrontar diferentes situacións, fomentando un espírito crítico e responsable, nun clima de traballo cooperativo e de esforzo persoal que facilite a adaptación á escola e ao contorno para acadar unha sociedade mellor.

O noso centro aspira a:

  • Converterse en referente da zona educativa pola optimización dos seus recursos e instalacións, a boa relación entre os membros que forman a súa comunidade educativa e a apertura a outros Centros e institucións.
  • Consolidar un clima de traballo en equipo, agradable e participativo, onde o profesorado se involucre no bo funcionamento do Centro, nos procesos de innovación, convivencia  e mellora continua.
  • Que o alumnado o sinta como seu, cun clima de tolerancia e respecto onde reciba unha formación de calidade que aporte valor a súa socialización e preparación intelectual cara á integración na sociedade do futuro.

Máis información na propia web do centro. CLICADE.

Equipamento e instalacións

O centro conta cun edificio de 4.500 m2 do que salientamos o seguinte: 24 aulas, 3 aula de pedagoxía terapéutica, 1 aula de audición e linguaxe, departamento de orientación, 1 aula de informática, 1 aula polivalente, 1 aula de música, biblioteca con servizo de préstamo, comedor con cociña equipada en uso, 1 sala de usos múltiples, ximnasio e pistas polideportivas.

 Imaxe da biblioteca

Amosar
Actividades
Extraescolares

O Centro oferta as seguintes actividades extraescolares: baile galego, baile moderno,iniciación á pintura, debuxo e pintura artística, Patinaxe, Fútbol sala, robótica, inglés con varios niveis, aula de estudo, música e movemento, judo, baloncesto, atletistmo, ximnasia acrobática, teatro... 

 

Estas actividades son xestionadas pola ANPA, que tamén organiza moitas festas para o aumnado e as familias.

Amosar
Galerías fotográficas

Instalacións

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 120909
  • Fax: 886 120949
  • Email: cep.fleming@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Ourense, 15. 36211 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: luns a venres, de 9:00 a 11:15 h e de 11:45 a 4:00 horas.
  • Titorías: Os martes de 16:00 h a 17:00 horas
  • Clases: Xornada continuada de 9:00 h a 14:00 horas
Servizo de transporte

Este centro ten alumnado do barrio.

 

Non ten transporte escolar.

Servizo de comedor

Comedor con 354 prazas e cocina equipada.

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org