Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEP Celso Emilio Ferreiro

CEP Celso Emilio Ferreiro - centro público

Adscrito ao centro: IES Alvaro Cunqueiro

A finalidade educativa do noso centro é proporcionarlle a todos os nenos e nenas unha educación integral que permita aumentar e afianzar o seu desenvolvemento persoal así como mellorar as  competencias clave. Promovemos unha educación inclusiva que defenda a diversidade e a atención individualizada.

 

Centrarémonos nas actuacións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, atendendo ás necesidades educativas de todo o alumnado. 

 

          Fomentamos valores de tolerancia, non violencia, igualdade entre sexos e o respecto ás diferenzas nas identidades sexuais do alumnado.  

              

             Valoramos positivamente o emprego da tecnoloxía, aproveitando todas as posibilidades formativas que ofrece e educando nun uso responsable e crítico destas ferramentas nunha contorna segura.  

 

             Por outra banda estamos dentro de varios programas ofertados pola  Administración educativa que inciden favorablemente na consecución dos logros propostos:

-         

          Programa Plambe: a través deste programa a nosa biblioteca escolar conta cada vez con máis e mellor dotación para que toda a comunidade educativa poida beneficiarse da mesma.

 

-       Iniciativas PROA+: o alumnado de 4º e 5º de Primaria  con máis dificultades, ten á súa disposición, unha profesora especialista en Pedagoxía Terapéutica en xornada lectiva e durante todo o curso escolar, para mellorar as súas competencias e para adquirir hábitos de traballo e autonomía na organización e realización das tarefas escolares.

      

     Proxecto de dinamización da lingua galega: A través do cal fomentamos o uso do galego. Lévase a cabo programas de radio semanais nos que participa todo o alumnado que tamén colabora coa revista anual "A nosa Bouza". 

        

-     Proxecto Abalar e equipamento TIC: desde o curso 2012-13 formamos parte da Rede Abalar da Consellería polo que todo o alumnado de 5º e 6º dispón dun ultraportátil persoal para desenvolver as tarefas nas aulas, o que nos permite integrar as tecnoloxías da información e a comunicación no traballo diario a nivel individual. Todas as aulas do colexio contan con ordenador, encerado dixital interactivo e videoproxector, ademais de dispoñer dunha aula de informática equipada con 26 ordenadores, pantalla e videoproxector.  A biblioteca tamén acolle unha zona multimedia con sete ordenadores a disposición do alumnado.

 

      Sección bilingüe: Dende o curso 2012-2013 contamos coa sección bilingüe para o alumnado de 5º e 6º, consistente en impartir as clases de Plástica en inglés. O obxectivo é incidir na comunicación oral do alumnado para que adquiran soltura á hora de expresarse. Así mesmo, contamos cunha auxiliar de conversa procedente dun país anglófono que participa nas clases de inglés para favorecer a comunicación en lingua inglesa no alumnado e facilitar o coñecemento doutras culturas.

 

      Mediación entre iguais: Programa de resolución de conflitos entre o alumnado, coordinado dende o departamento de orientación do centro e desenvolvido grazas á colaboración de alumnado voluntario.

 

      Patios dinámicos: Programa de introdución de xogos integradores durante o tempo de lecer, coordinado dende o departamento de orientación e desenvolvido grazas a colaboración de alumnado voluntario.

       

       Horto escolar: Dende o curso 2012-2013 funciona o noso horto. Cada grupo dispón dun bancal onde cultiva os seus productos e cos que despois poderán elaborar diferentes recetas na cociña.

 

      Programa froita fresca e leite na escola: A participación neste programa permite que durante 4 semanas no curso, o noso centro reciba froita fresca para todo o alumnado. Tamén se recibe durante 8 semanas leite para o alumnado.

     

    CP Innova: Durante o curso 2023-2024 particípase no Programa CPInnova no apartado de Edusaúde coa programación de actividades que repercutan na mellora de hábitos de saúde física e emocional.

       

      CP Inclúe: Durante o curso 2023-24 particípase no Programa CPInclúe na categoría de Convíve-T, con diferentes actividades que propiciarán unha axeitada convivencia entre todo o alumnado. 

    
O noso centro educativo está integrado no barrio de Coia e, dende aquí tentamos favorecer actividades que repercutan positivamente no mesmo. Mantemos actividades de colaboración con institucións deportivas (Baloncesto Seis do Nadal, fútbol sala Vigo 2015, El Olivo…).

Equipamento e instalacións

EQUIPAMENTO:

-          Pavillón polideportivo

-          Aula de psicomotricidade

-          Aula de cociña

-          Aula de plástica

-          Aula de música

        Comedor escolar

        Aula matinal

           Laboratorio

-         Aula de informática

        Biblioteca escolar

-         Patio de recreo amplo ( 8790 metros cadrados ) distribuídos en diferentes zonas de xogo

-         Salón de actos

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Educación Primaria
Amosar
Actividades
Extraescolares

A ANPA Moraima organiza as seguintes actividades, de forma voluntaria, para o alumnado e as súas familias:

-          Escolas deportivas: baloncesto e natación.

-          Danza/Baile

-          Obradoiro de inglés

B      Baloncesto

         Robótica con Legos

-          Iudo

        Patinaxe

        Fútbol sala

        Tenis 

        Teatro

        Xadrez  

        Nutrichef

        Patinaxe para nais e pais

        Intelixencia emocional

       

        *As actividades se levarán a cabo en función do número de solicitudes de participación nas mesmas.

 

 

Da A.N.P.A.

 SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLA ANPA MORAIMA:

-          Servizo de madrugadores, "aula matinal", de 8:00 a 9:00 no que se atende aos cativos antes do inicio da actividade lectiva.

-         

Amosar
Galerías fotográficas

CEP Celso Emilio Ferreiro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 298 058
  • Fax: 986 244 249
  • Email: cep.celso.emilio.ferreiro@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Porriño, s/n. 36209 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:00 a 14:00 horas.
  • Titorías: Martes de 18:00 a 19:00.
  • Clases: 9:00 a 14:00.
Servizo de transporte

TRANSPORTE ESCOLAR: O centro conta cunha liña de transporte que inicia o percorrido diante do Concello, continúa pola Avenida da Florida e segue ata o barrio de Navia

 


Servizo de comedor

Comedor: xestionado pola Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, dispón de 131 prazas para este servizo, dende as 14.00 ata as 16.00.


 

 

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org