Somos un centro multicultural, integrador e aberto, achegando as nosas tradicións e a nosa lingua, que ao tempo aposta polas novas tecnoloxías integrándoas no quefacer diario.
Traballamos en valores, conscientes de que o noso labor é a formación integral dos nosos alumnos e alumnas.
Colaboramos e interactuamos coas familias, a contorna e as institucións da nosa cidade, cos ollos postos no horizonte do noso planeta.
Loitamos pola igualdade, especialmente a de xénero, tentamos fomentar no alumnado espírito crítico, animándoo a valorar o que se fai ben e a buscar alternativas para o que se fai mal.
O noso obxectivo é que os alumn@s deixen a escola cunha boa formación e con criterio propio sobre o mundo que coñecen.
virxedorocio.blogspot.com.es/2018/03/videoclip-do-rocio.html
Descobre o noso colexio e todo o que temos para ofrecerte!
Na visita á nosa escola poderás coñecer parte do noso equipo de traballo que é todo definitivo na escola; poderás explorar as nosas instalacións, aulas, patios, espazos abertos, laboratorios, biblioteca, horta escolar, patio natural con árbores froiteiras, a nosa charca, a aula steam, espazos deportivos, aulas de usos múltiples e aulas específicas. Descubrirás que as nosas instalacións son as máis novas e modernas da nosa cidade. Dispomos de aulas con baños propios en educación infantil, acceso directo ao patio dende as aulas, chan radiante, grandes ventanais,..
Podes obter toda a información que precises. Temos aula matinal dende ás 07.30, servizo gratuíto de transporte escolar, servizo de comedor da Xunta de Galicia, a través de cátering, Club de lectura para nenos e nenas e Club de lectura para as familias, actividades de contacontos en familia, ... contarémoste os programas educativos nos que participamos, actividades promovidas pola ANPA "Os irmandinhos", e moitas cousas máis.
Nas visitas podes coñecer a outros pais/nais interesados na nosa comunidade educativa.
Non perdas esta oportunidade de descubrir o que fai que o noso colexio sexa especial!
www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxerocio/
Coñece as nosas dependencias www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxerocio/
A maior parte das nosas actividades podes seguilas a través do noso blogue educativo.
Aula matinal xestionada pola ANPA, de 7.30 a 9 h.
Actividades extraescolares organizadas pola ANPA.
No BLOQUE DE PICOLINDO temos explicadas todas e cada unha das conmemoracións que se celebran na escola.
http://virxedorocio.blogspot.com.es/
Escolar gratuito.
O transporte escolar, nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, está considerado como un servizo educativo de carácter complementario destinado fundamentalmente a garantir e facilitar o acceso á educación obrigatoria, constituindo un importante factor da súa calidade.O transporte escolar é un servizo gratuito do que dispón a nosa escola. O encargado do mesmo é a Xunta de Galicia que é quen adxudica a empresa que presta os servizos. Neste intre a empresa encargada é Rias Baixas. No autobús escolar viaxa unha persoa acompañante, adulta, que é quen regula a orde. O/a acompañante escolar é a persoa encargada do coidado dos menores durante o transporte e as operacións de acceso e abandono do vehículo, así como, no seu caso, da recollida e acompañamento d@s alumn@s dendeo autobús ata o interior do recinto escolar. A presenza da persoa acompañante é obrigatoria. Ten dereito ao transporte escolar gratuíto o alumnado cuxos domicilios seencontren fóra do núcleo urbano no que se atopa o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km. Para poder ser usuario do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a distribución das áreas de influencia establecida ou, por así determinarlo, unha resolución de escolarización obrigatoria. O transporte escolar chega ás 9.00h. e marcha ás 15.30h. A ruta actual é a seguinte: RUTA PRAZA DA PRINCESA - CEIP. VIRXE DO ROCÍO SERVIZO IDA 1. R/PI MARGALL, Nº84 2. PRAZA DE EUGENIO FADRIQUE 3. AVDA. FRAGOSO 4. R/ BALAÍDOS Nº 2 5. R/ BALAIDOS Nº9 6. AVDA. CASTRELOS Nº184 7. AVDA. ALCALDE PORTANET, Nº 3 8. R/ EUGENIO KRAF, Nº 33 9. AVDA. FLORIDA, Nº 56 10. AVDA. FLORIDA, Nº 143 11. R/ PADRE SEIXAS, Nº 32 12. R/ PORRIÑO, Nº 2 13. R/ BAIONA, (PRAZA DO CRISTO DA VICTORIA) 14. R/ TEIXUGUEIRAS, Nº 16 15. R/ TEIXUGUEIRAS, Nº 22 16. R/ TEIXUGUEIRAS, Nº 28 17. R/ TEIXUGUEIRAS, Nº 34 18. R/ SAN PAIO, Nº 90 19. AVDA. ATLÁNTIDA, Nº 25 20. RÚA ROCÍO 21. CEIP. VIRXE DO ROCÍO CEIP. VIRXE DO ROCÍO - RUTA PRAZA DA PRINCESA SERVIZO VOLTA 1. CEIP. VIRXE DO ROCÍO 2. RÚA ROCÍO 3. R/ TOMÁS PAREDES, Nº1 4. AVDA. ATLÁNTIDA, Nº 52 5. R/ SAN PAIO, Nº 90 6. R/ TEIXUGUEIRAS , Nº 16 7. R/ TEIXUGUEIRAS, Nº 22 8. R/ TEIXUGUEIRAS, Nº 19 9. R/ PORRIÑO Nº 7 10. R/ BAIONA, (PRAZA DO CRISTO DA VICTORIA) 11. R/ TUI 12. RÚA FLORIDA, Nº 143 13. R/ MANUEL DE CASTRO, PARADA DE VITRASA 14. R/ BALAIDOS, Nº2 15. R/BALAIDOS, Nº 9 16. R/ CASTRELOS, Nº 184 17. R/ PORTANET Nº 3 18. R/FRAGOSO, Nº 97 19. R/FRAGOSO, Nº 53 20. R/FRAGOSO, Nº 17 21. AVDA. CAMELIAS 22. R/ ÁLVARO CUNQUEIRO, Nº 30 23. R/ PI MARGALL, Nº 84 24. PRAZA EUGENIO FADRIQUE (PARADA VITRASA)
Comedor de Xestión Indirecta, xestionado pola Xunta de Galicia.
O Comedor Escolar é un servizo educativo complementario que contribúe á organización da vida familiar. A xestión do Servizo correspóndelle á XUNTA DE GALICIA e lévase na modalidade de xestión indirecta. Unha empresa elabora as comidas nas súas propias instalacións e fainas chegar ao Centro diariamente. Para o presente curso escolar 2017/2018, a empresa encargada do servizo é SODEXO. A prestación do servizo de comedor coincide co calendario lectivo do alumnado, en horario de 14.00 a 16.00 horas. Inclúe os servizos de xantar e atención aos usuari@s nos períodos de lecer anterior e posterior ao mesmo. No actual curso escolar ofértanse 143 prazas de comensais. Os representantes legais do alumnado poderán manifestar o seu desexo de utilizar o servizo de comedor facéndoo constar no período de matriculación para o curso seguinte. Para o curso 2017-18, a solicitude de praza e a documentación que acredite o dereito a beneficiarse dalgunha das axudas para comedor, presentarase na Secretaría do centro. O modelo de solicitude pódese descargar neste Web ou recoller no propio centro Xunto coa solicitude, entregarase: Documento de autodeclaración. Autorización á empresa adxudicataria do servizo, a cargar na súa conta bancaria os recibos mensuais polos menús consumidos. Esta autorización pódese descargar neste Web ou solicitarse no centro.