Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP Valle Inclán

CEIP Valle Inclán - centro público

Adscrito ao centro: IES Ricardo Mella

O noso centro sitúase na cidade de Vigo, na parroquia de Lavadores, é un centro cun amplo patio, cheo de zonas verdes e arbores. Temos tamén unha horta e un pequeno invernadoiro. Estamos traballando man a man coa ANPA para renaturizar o patio.

A nosa acción pedagóxica parte dunha serie de principios metodolóxicos

  • Partir do nivel de desenvolvemento.
  • Deseño universal da aprendizaxe (DUA).
  • Función compensatoria.
  • Experiencias emocionalmente positivas.

O paradigma educacional referente debe ser o de «aprender a aprender» e de «aprender facendo». Cumpre unha aprendizaxe significativa que se transfira a situacións da vida real e que supoña a resolución de problemas na práctica.

 

A organización e configuración dos espazos está directamente relacionada coa concepción que temos de como debe desenvolverse o proceso de Ensino-Aprendizaxe. Así, o espazo é concibido como algo “vivo”, en continuo movemento e coa a capacidade de ser transformado, reformulado e reorganizado. O espazo muda segundo as necesidades e intereses do noso alumnado, configurando os novos ambientes, polo que cumpre que sexa fundamentalmente versátil.

 

A distribución das aulas- grupo  farase combinando unha planta con aulas-grupo e outra con aulas de uso específico (especialidades), fomentando deste xeito a diminución da contaminación acústica e facilitando a mobilidade do alumnado de xeito relaxado polo centro. Nas plantas onde non hai docencia directa combinaranse con espazos comúns como a aula sensorial, aula creadora, aula de construción, as aulas do profesorado especialista…

Dependendo do número de alumnado e das necesidades educativas, as crianzas poderán circular de xeito libre entre os ambientes da súa aula ou entre as aulas dun mesmo rechán (ciclo).

 

Dentro das aulas-clase o espazo está organizado en distintos ambientes preparados con materiais específicos de cada área de xeito que se contribúe ao desenvolvemento competencial. 

É de especial relevancia a presentación do espazo dun xeito estético e minimalista, destacando pola simpleza que garanta a harmonía.


Como centro educativo temos a crenza de que cada un/ ha dos/as nosos/as alumnos e alumnas é único ou única e que existen diferentes capacidades, aptitudes e xeitos de aprender; non só respectamos esas diferenzas, senón que  entendemos que a diversidade enriquécenos. Somos un centro inclusivo no que todas as actividades son de todo xénero; pulamos pola igualdade e a liberdade de pensamento, así como a inclusión e a convivencia. Apostamos polas prácticas restaurativas como método de resolución de conflitos.


Partindo da idea de escola aberta ao contorno pretendemos fomentar a participación de todos os membros da Comunidade Educativa (alumnado, profesorado e familias). Temos unha estreita colaboración coa ANPA do noso centro, pois son un eixo fundamental na nosa comunidade.

 

Podes ampliar a información sobre o noso centro na seguinte presentación interactiva.


 

 

Equipamento e instalacións
  • Biblioteca con servizo de préstamo e actividades de animación á lectura. 
  • Sala de usos múltiples con escenario.
  • Sala de faladoiro para o desenvolvemento da lingua estranxeira (inglés).
  • Instalacións deportivas: pista polideportiva e Ximnasio.
  • Laboratorio e cociña para o alumando.
  • Aula de Polo Creativo.
  • Aulas específicas para as especialidades de música, pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe.
  • Aula multisensorial.
  • Aula creadora Arno Stern.
  • Aula de construcións.
  • Aula de instalacións.
  • Aula matinal.
  • Amplo comedor con servizo de cáterin xestionado pola ANPA.
  • Amplos espazos verdes: 7.000 m2 de patio axardinado e arbóreo.
  • Horta escolar e invernadoiro.
  • Patio de infantil con herba, árbores e areeiro.

Temos solicitadas as reformas de baños e biblioteca.

Amosar
Actividades
Extraescolares
  • Natación
  • Multideporte
  • Pintura
  • Circo
  • Xadrez
  • Baile
  • Fútbol
  • Teatro
  • Patinaxe
  • Diverciencia
  • Taekwondo
  • Manualidades

 

Da A.N.P.A.

A ANPA xestiona o Comedor Escolar, dende as 14:00 ata as 16:00 e a Aula Matinal, dende as 7:30 ata as 9:00, así coma as diferentes actividades extraescolares.

Organizan tamén:
· Campamento de verán.
· Obradoiros en familia.
· Excursións.
· Sendeirismo.
· Asistencia a Festivais Culturais Infantís.
· Festa de Fin de Curso.
· Charlas sobre Educación.

Amosar
Outra información de interese
Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886120202
  • Email: ceip.valle.inclan.vigo@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Alcalde Lavadores, 16. 36214 Vigo
Horarios do centro
  • Titorías: Martes 17 a 18 horas
  • Clases: 9 a 14 horas
Servizo de transporte

Servizo de transporte escolar con catro paradas:

  • Pizarro 6- Hospital Xeral
  • Travesía de Vigo 6- Cafetería Augas Blancas
  • Jenaro de la Fuente 22- Mobles CyL
  • Martinez Garrido 28- EOI
Servizo de comedor

Servizo de comedor escolar de 14-16 horas, de xestión indirecta (ANPA).

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org