O centro está situado a carón da vía que une Vigo coa Cidade Universitaria.
Ocupa unha parcela de 15.000 m2. Está dotado de magníficas instalacións, a escasos minutos da cidade en un marco paisaxístico extraordinario e apacible.
O centro réxese por un proxecto educativo (PEC) e anualmente se fixan unha serie de obxectivos a acadar reflectidos na Planificación Xeral Anual (PXA) que aproba o Consello Escolar do Centro.
Partimos da consideración de que este é un colexio de Ensino Público e por tanto debe prestar un servizo á sociedade e á comunidade mais achegada na que nos atopamos.O centro esforzaráse sempre por dar un ensino de calidade que responda ás necesidades do noso alumnado, do noso entorno e da nosa sociedade.
Desexamos formar ao alumnado no espíritu crítico, no desenvolvemento das súas capacidades de razoamento co fin de que poida acadar a capacidade de elaborar un criterio propio no ámbito e idade que lle corresponda e exprese a súa creatividade e afectividade.
Queremos tamén que sexa unha escola moderna e creativa, aberta a novos enfoques pedagóxicos e ás novas tecnoloxías. Pero non podemos esquencer que o camiño da aprendizaxe, ás veces, non é doado e require necesariamente do esforzo do alumnado e a colaboración das familias. O feito de que o Centro oferte todos os medios ao seu alcance non evitará o necesario traballo de cadaquén.
Neste colexio poderás atopar ademais do ensino reglado un taller de literatura, taller de teatro, taller de radio e medios AV, taller de horta escolar e invernadoiro… Esta formación compleméntase con outras ofertas educativas presentadas nas actividades extraescolares da ANPA, do Concello e doutras Entidades Veciñais e Locais.
Biblioteca.
Aula de música
Aula de Ed. Artística e Plástica
Aula de Informática.
Laboratorio
2 aula de Medios Audiovisuais e Pizarras Dixitais
2 aulas de inglés Infantil e Primaria.
Aula de Psicomotricidade para Infantil.
Sala de usos múltiples.
Horta escolar e invernadoiro.
Instalacións deportivas: campo de fútbol de herba, pista polideportiva, pavillón con calefacción…
Patios cubertos e espazos de arboreda e herba.
Patio Ed. Infantil con areeiros e xogos.
Informática.
Inglés infantil
English Theatre and Storyteller
Ximnasia Acrobática
Patinaxe
Natación/Piscina.
Baile moderno.
Repostería
Taekwondo.
Constru-Technic
(Pagado pola Xunta, Consellería de Educación)
1. Zamáns-Universidade.
2. A Garrida-Valadares.
3. Sobreira.
(Parcialmente subvencionado polo Concello e Consellería)
Comedor de cátering.
De 14:15 a 16:15 horas.
Servizo fixo e esporádico.