Pretendemos que a nosa escola sexa inclusiva, que as diferenzas sumen e nos enriquezan, o que implica que todos os nenos e nenas dunha comunidade educativa aprendan xuntos nunha mesma contorna independientemente das suas caracteristicas sociais, económicas ou culturais. Esta é a base para educar persoas tolerantes, respetuosas e empáticas donde unhas aprenden doutras.
Tamén é unha escola participativa, moi acolledora e aberta a todos os sectores da Comunidade Educativa, con grande implicación no barrio de Coia coas súas actividades, clima de convivencia e espazos pensados para todo o alumnado.
Outro piar que nos define é o dedicado ás actividades deportivas, como complemento da parte educativa cos clubes de Baloncesto, Balonmán e Ximnasia de Mantemento abrindo o cole ata as once da noite.
A educación emocional forma parte xa do noso proxecto educativo axudando na mellora da convivencia do centro.
Traballamos tamén para que a nosa cultura e o noso idioma, o galego, estén presentes nas actividades do centro, axudando a que a Comunidade Educativa se sinta parte do seu entorno e o defenda. O Fiadeiro, o noso blog, traballa co lema: Na casa e na escolar o galego mola. Tamén disfrutamos da radio-xornal do Seis do Nadal, onde todos os venres emitimos un programa de radio no que expresan as súas inquedanzas os nosos alumnos e alumnas.
A Biblioteca é o eixo en torno ao cal xiran moitas das actividades do centro e está integrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
Por todo esto, e por máis, facemos sempre visible o noso lema: "O Seis máis ca unha Escola".
-Instalacións deportivas: pabillón cuberto, pistas o aire libre e ximnasio.
-Aula de psicomotricidade.
-Departamento de Orientación.
-Sala Rosalía.
-Aulas de música.
-Aula de inglés.
-Comedor escolar.
-Laboratorio stem (bibliolab). Impresora 3D, biblioteca creativa, robótica, matemáticas, ciencias naturais, xogos de mesa,...
-Aula emocional.
-Aula multisensorial.
-As instalacións adaptadas ao alumnado con movilidade reducida con rampas de acceso e dous ascensores.
-Aula de informática.
-Patios dinámicos vivos inclusivos con xogos e zonas axardinadas con gran variedade de árbores.
-Biblioteca con actividades de formación de usuarios, educación documental e animación á lectura. Aberta en horario lectivo e polas tardes de 16:00 a 18:00 prepandemia de luns a venres agás os martes de 16:00 a 17:00h. Con actividades para as familias:préstamo, recanto de lecturas, contacontos,.... prepandemia
-Todas as aulas están dotadas con pizarra dixital, canón e ordenador con acceso a internet integrando as novas tecnoloxías no noso traballo diario. (Elaborando Plan Dixital do Centro)
-Aula COVID
-Horta escolar
Servizos:
-Aula matinal de 7:30h a 9:00h
-Comedor con servizo de cociña propia para o curso 2022-2023 de 14:00h a 15:45h
-Actividades extraescolares de 15:45h a 23:00h
A ANPA , moi implicada na vida do centro, organiza e xestiona as actividades extraescolares e o servizo de Aula Matinal, gardería e comedor.
Actividades extraescolares:
-Iniciación ao deporte.
-Baile moderno.
-Ballet Infantil e Primaria.
-Kung-Fú (cinturon branco e verde, primaria)
-Pintura creativa.
-Cómic primaria.
-Inglés.
-Iniciación ao deporte infantil.
-Iniciación ao deporte 1º e 2º de primaria.
-Patos surf, de 2º a 6º de primaria, teñen que saber nadar.
-Taller creativo E.I e Primaria.
-Natación.
-Teatro Infantil e Primaria.
-Robótica primaria.
-Ximnasia rítmica de 6º de Infantil e Primaria.
-Baloncesto.
-Balonmán.
Actividades para as familias:
-Encaixe de Bolillos.
-Baile galego e pandeireta.
-Ximnasia de Mantemento.
Transporte adaptado para nenos con discapacidade motórica funcional.
-Comedor con servizo de cociña propia para o curso 2022-2023 de 14:00h a 15:45h