Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP Sárdoma-Moledo

CEIP Sárdoma-Moledo - centro público

Adscrito ao centro: IES de Beade

Situado ao carón do campo de fútbol de As Relfas, nunha contorna natural. Cun ambiente familiar e con aulas sen masificar.

Contamos con múltiples instalacións: 2.500 m2 de patio e 250 de xardíns. Pista de fútbol, campo de baloncesto con gradas, pista de fútbol sala, pavillón polideportido e patio vivo.

O pleno desenvolvemento da personalidade do alumnado, o respecto e a tolerancia, a igualdade de dereitos de xénero, o fomento do espíritu crítico, a formación no respecto ao medio ambiente, a defensa dun ensino público de calidade baseado na atención á diversidade e non discriminación así como a defensa de galego son puntais sobre os que versará o noso traballo.

Cremos firmemente que a aprendizaxe debe partir da motivación e intereses do alumnado así coma na contorna máis próxima polo que levamos varios anos tentando mellorar os tempos de lecer do noso alumnado co proxecto: Patios Vivos (no que se adaptou un espazo natural para que os nenos/as gocen da natureza tanto no recreo coma na xoranada escolar.

Equipamento e instalacións

 Contamos con 3 aulas de Educación Infantil nas que se traballa a aprendixaxe a través do xogo, a lectoescritura de forma constructivista, o Método ABN para as matemáticas, a arte e a Educación Emocional. Realizamos obradoiros vivenciais,  de cociña e creativos. Traballamos de forma cooperativa realizando Mini proxectos de aula e utilizamos recunchos simbólicos sempre adecuándonos aos ritmos individuais.

Temos 6 unidades de Educación Primaria e contamos con aulas específicas de informática, música, inglés, pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe; así como un polideportivo e varios zonas exteriores de usos múltiples.

 

O noso enfoque baséase nun Proxecto Global de centro que parte da Biblioteca escolar, recollendo os intereses do alumnado.

Realízanse actividades interniveis nas que se traballa a diversidade, o respecto, a cooperación e a cidadanía.

Amosar
Actividades
Extraescolares

Kung-fu, circo, intelixencia emocional, xadrez, inglés, patinaxe... En distintos grupos adecuadas á idade.

Da A.N.P.A.

Plan Madruga, actividades extraescolares, obradoiros e xornadas de convivencia de familias son algunhas das actividades e servizos que oferta a nosa ANPA. Pódese consultar a información en: http://oblogdoanpa.blogspot.com/

Amosar
Oferta educativa
Non regulada
Contamos con diferentes actividades extraescolares que a dia de hoxe se compoñen por: Axedrez, Patinaxe, Intelixencia Emocional, Baile Moderno, Circo, Kungfu e Inglés.
Amosar
Outra información de interese

Para máis información sobre o centro consultar:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsardomamoledo/node/785

 

 

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 120 168 + 886 120 169 + 886 120 170 + 886 120 172
  • Email: ceip.sardoma.moledo@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Estrada do Marco, 30. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: Polas mañás de luns a venres de 9:30 a 10:20 horas e de 13:45 a 14:30 horas.\\\\r\\\\nPolas tardes os martes de 16:30 a 17:30 horas.
  • Titorías: Os martes de 16:30 a 17:30 horas, previa cita.
  • Clases: A xornada lectiva abrangue de 9:30 a 14:30 horas.
Servizo de transporte

Dúas liñas de transporte que pasan polo centro da cidade:

Liña 1: Gran Vía 104, Camelias 89 e 115, Venezuela 4 e 43, Praza España, Av. Madrid 28, Gregorio Espino 55 e Av. Madrid 146 e Seminario.

Liña 2: Aragón 26, Centro Comercial Travesía, Travesía de Vigo 103, Via Norte (igrexa de Fátima) e número 34, Vázquez Varela 57, Rotonda de Miraflotes e Estrada de Moledo.

Servizo de comedor

Comedor con cociña propia xestionado pola Xunta, con capacidade até 150 comensais. Menús variados e saudábeis adaptados ás necesidades do noso alumnado. Apostamos pola importancia dunha dieta baseada en verduras e froitas repartindo diariamente froita fresca a todas as aulas na hora do recreo.

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org