O CEIP Plurilingüe Santa Mariña é un colexio pequeno e familiar, cun proxecto educativo baseado na comunicación e colaboración de todos os membros da comunidade educativa.
Está situado en Becerreira, nunha zona tranquila, rodeado de naturaleza e con vistas ao mar. Contamos con dúas liñas de transporte, que permiten recoller alumnado nas zonas de Becerreira, Barreiro e Lavadores.
Fomentamos dende o colexio a participación do noso alumnado en actividades que potencien as súas capacidades e espíritu crítico, nas que deban compartir e coordinarse cos seus compañeiros, sempre dende a tolerancia e colaboración entre eles. Ao longo do curso desfrutamos de distintas tarefas nas que participamos todos xuntos: compartimos o tempo e espazo de patio, colaboramos en sesións de contacontos internivel, organizamos talleres, ...
No centro traballamos por ámbitos educativos ( científico-matemático, lingüístico, artístico) dende 3º de EP.
Participamos en distintos proxectos que favorecen o desenvolemento integral dos nosos rapaces e rapazas: Plan de consumo de lácteos e froita fresca, CP Inclúe. CP Innova, EduExchangue. Somos centro seleccionado no programa de Educación Responsable( programa para o desenvovemento da educación emocional, social e creativa). Ademáis a nosa biblioteca conta dende hai varios cursos co recoñecemento do PLAMBE. Dende este curso participamos en Bibliotecas Creativas, Biblioteca Inclusiva e Club de Lectura.
Temos implantada en todo infantil e primaria a metodoloxía matemática ABN (Algoritmos Baseados en Números).
Somos Centro Plurilingüe ( 1°, 2° e 3º de EP con Plástica en inglés. Temos robótica unha vez á semna en 4º, 5º e 6º de EP. Tamén somos centro E-dixgal( traballo con chromebook e non con libros de texto).
Dende este curso, temos Club de Ciencia dende 3º ata 6º de EP.
O profesorado desenvolvemos as nosas programacións seguindo as propostas dun Proxecto Documental Integrado que parte da Biblioteca Escolar do centro, favorecendo así a coordinación do traballo de todos os grupos.
A meirande parte das aulas equipadas con pantalla dixital interactiva.
Aulas específicas de Música, Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica.
Espléndido ximnasio.
Biblioteca ampliada e renovada, con novo mobiliario e fondos bibliográficos. Formamos parte do PLAMBE.
Patio de 4.234 m2, con zona cuberta e areeiro para Educación Infantil.
As actividades extraescolares están xestionadas pola ANPA, e a súa oferta varía cada ano.
Neste curso actual, 2021-2022 ofertan:
- Ximnasia Acrobática.
- Xogoteca Creativa.
- Balonmán.
- Baile.
- Inglés.
A ANPA xestiona o Servizo de Madrugadores, de 7.30 a 9.00 da mañá.
Correo electrónico de contacto: anpaalborada@gmail.com.
Contamos con dúas liñas de transporte, cada unha cunha acompañante.
Liña 1: zona de Cabral.
Liña 2: Rúa Ramón Nieto ata as inmediacións do IES Castelao.
O transporte escolar sae do colexio ás 15.20 horas.
Comedor de xestión indirecta, subvencionado pola Xunta.
Conta con 95 prazas e facemos tres turnos para que o poidan usar con comodidade. O alumnado está atendido por coidadoras durante o tempo de xantar e lecer posterior á comida.
O horario do servizo de comedor é de 14.00 a 15:45 horas.