Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP San Salvador-Teis

CEIP San Salvador-Teis - centro público

Adscrito ao centro: IES de Teis

O CEIP San Salvador ten como obxectivo prioritario favorecer a formación integral do alumnado. Para levalo a cabo dispoñemos de un entorno privilexiado, dun equipo profesional comprometido e dunha ANPA implicada.

 

A ubicación do noso centro é privilexiada. Estamos situados no Outeiro do Sino, dispoñemos de espazos naturais como “o estanque” que invita á lectura, a investigación e a relaxación; unha “pasarela-mirador” cunhas vistas impresionantes de toda a cidade de Vigo; un acceso directo dende o colexio ao Parque da Riouxa (sendo un “aula natural” para o noso alumnado) e, a súa vez, estamos conectados con todos os servizos da cidade de Vigo, establecendo un vínculo especial co barrio de Teis.

 

A nosa biblioteca é o corazón que fai latexar a todo o colexio. Formamos parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e dende ela propóñense os distintos proxectos anuais, lévanse a cabo diversas actividades e encontros e transmíteselle ao alumnado o amor e gusto pola lectura. Por isto, é un espazo moi amplo e dinámico, con distintos ambientes e espazos e en constante dotación e renovación de libros e ordenadores.

 

Contamos con ratios axustadas, polo que podemos ofrecer calidade educativa, unha atención personalizada e atender ás necesidades do alumnado de xeito temperá e adaptándonos ás características de cada neno/a.

Para isto, contamos cun Departamento de Orientación completo, formado polo orientador, a especialista en pedagoxía terapéutica e a especialista de audición e linguaxe. Ademais, contamos co Programa ARCO e PROA, que dotan ao centro de persoal para o reforzo e apoio do alumnado.

 

 

Buscamos que a aprendizaxe do alumnado estea baseada na experiencia e no contacto coa realidade. Por isto, implicámonos continuamente en diversos proxectos (como o Plan Proxecta ou o Faro da Escola) ou a colaboración con entidades da contorna (bibliotecas municipais, o instituto, a Protectora de Vigo...). 

 

Se queredes obter máis información, non dubidedes en poñervos en contacto connosco e en visitar a nosa PÁXINA WEB e as nosas redes sociais: INSTAGRAM e FACEBOOK

Equipamento e instalacións

Servizo "Pequenos madrugadores" dende as 7:30 ata as 9:00 horas.

Transporte escolar (Porta do Sol- García Barbón- Sanjurjo Badía- Avenida de Galicia)
Comedor escolar, con horario de 14 a 16 horas.
Ampla biblioteca.
Instalacións deportivas: ximnasio, polideportivo pechado, patio exterior con gradas.

Patio de infantil pechado e con xogos de exterior para os máis pequenos do colexio.

Espazos naturais arredor do centro: estanque, pasarela-mirador e acceso directo ao Parque da Riouxa.
Aulas de música, educación artística, educación especial, inglés, informática, psicomotricidade e ludoteca.
Horto escolar.

Aula de convivencia

Patio de entrada.
Parque da Riouxa preto do centro.

Amosar
Actividades
Extraescolares

Robótica - Natación - Badminton - Atletismo - Patinaxe - Inglés - Ximnasia rítmica - karate

Da A.N.P.A.

Temos unha ANPA en activo dende hai moito tempo,  que xestiona as actividades extraescolares.(de luns a venres de 16:00 h. a 18:00 h.)

A nosa ANPA é dinámica e colaboradora, participa en tódolos eventos que facemos no colexio (Talleres no Magosto, Día da Paz, Entroido, talleres no Dia do Libro, no Festival das Letras Galegas, no Día da Convivencia, etc).

Facemos reunións sempre que o necesitamos para coordinarnos nas distintas celebracións, sendo a nosa relación fluída e positiva. En definitiva, sumamos esforzos e ideas.




O Clube da lectura.

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Colexio Público Plurilingüe que imparte Segundo ciclo de Educación Infantil e de 1º a 6º de Educación Primaria.
Non regulada
Actividades extraescolares: Karate, baile moderno, patinaxe, educación emocional
Amosar
Outra información de interese

O CEIP San Salvador busca unha formación integral do alumnado. Por isto, cada curso escolar implicámonos en novos proxectos inmersos no entorno e na realidade próxima do alumnado. 

Formamos parte do proxecto "Faro da Escola", levamos a cabo proxectos comúns con entidades como a Asociación Xaruma (obradoiros de hortas ecolóxicas) ou a Protectora de Vigo (colaboración e concienciación no respecto aos animáis), mantemos contacto con escritores e artistas, dispoñemos do programa "Froita fresca na escola" (Plan Proxecta) que favorece a alimentación saudable do alumnado...

Ao longo dos  cursos anteriores, o noso esforzo viuse premiado en diversas ocasión: premio accesit "a Reconquistiña 2019" cun debuxo do cartel feito por unha alumna de 4º de primaria, premio no IFEVI polo debuxo "o Dinoseto no nada 2018) feito por un alumno de 2º de primaria ou o Premio Galicia de Voz Natura.

Amosar
Galerías fotográficas

CEIP San Salvador

< Galería 1 >
Galería de vídeos
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 120 210
  • Fax: 886 120 210
  • Email: ceip.sansalvador@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Avda. Galicia, 181. 36216 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: Luns a venres, de 9:00 a 9:50
  • Titorías: Martes de 16.00 a 17.00
  • Clases: De 09.00 a 14.00
Servizo de transporte

Unha liña co seguinte percorrido: Porta do Sol- García Barbón- Sanjurjo Badía-Avenida de Galicia- CEIP San Salvador

Con dous autobuses. Dende os 3 anos, con coidadoras.

Servizo de comedor

O noso comedor é de xestión indirecta, cun catering "ALSAGA". Dispón de monitoras e a directora supervisa ao alumnado.

Nos tempos de lecer no comedor poden xogar nos patios exteriores a algún deporte, facer deberes ou ben xogar con xogos educativos tanto de mesa como de chan (puzzles, twister, parchis, oca, dominós, tres en raia, dobble, etc),  co xeito de fomentar as relacións entre eles/elas e propiciar a súa interactuación  (xuntánse alumnado de cursos distintos sen importar a idade) e ao mesmo tempo recuperar  xogos tradicionais ou en equipo.

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org