Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP Ría de Vigo

CEIP Ría de Vigo - centro público

Adscrito ao centro: IES Coruxo

Atópase en Oia, preto das praias de Canido gozando dunha privilexiada situación en contacto directo e permanente co mar, e con patios e demáis instalacións en perfectas condicións para o seu uso e disfrute.
Dispón de zonas de recreo axeitadas a cada etapa educativa.
Promove os proxectos "Interteatro",  e "Facendo escola fóra da escola" co Centro de Día Parque Castrelos,  e Banda de Música Lira de San Miguel de Oia. Froito do desenvolvemento do proxecto didáctico "Ría de Vigo, mar e arte" conta coa exposición permanente do mesmo nome, recreando diferentes ambientacións submariñas en diversas instalacións do colexio.
  Recibimos o Premio Galicia do proxecto medioambiental VOZ NATURA e o Premio Valora Mariño "Ría de Vigo: a mar de saberes" e foi convidado a presentar o seu proxecto "Facendo escola fóra da escola" no "Congreso sobre Convivencia Escolar e participación do entorno educativo" organizado polo MEC en Palma de Mallorca.
O noso Proxecto Educativo aposta por un ensino activo e participativo, por una formación integral en valores, e buscamos a maior presencia do Centro na vida da comunidade á que dá servicio. Na etapa de Educación Infantil impártense clases de lingua inglesa, educación musical e psicomotricidade, sendo atendidos polos respectivos mestres especialistas. Somos centro Plurilingüe,  e impartimos a Plástica dende 1º de Primaria en inglés e contamos coa colaboración  dunha axuliar en conversa neste idioma. 

Participamos na convocatoria de:

CONTRATOS-PROGRAMA dentro das actuacións de PROA (Reforzo, Orientación e Apoio) e da Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros. 

PLAMBE( Plan de mellora de Bibliotecas Escolares)

Equipamento e instalacións

• Servizo de Orientación, Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.
• Comedor escolar subvencionado pola Xunta de Galicia e no que se sirve a comida elaborada na cociña do propio Centro.
• Biblioteca que forma parte do PLAMBE
• Ximnasio escolar provisto de todo tipo de equipamentos axeitados para o correcto desenvolvemento das clases.
• Instalacións deportivas exteriores: catro pistas deportivas, unha delas de herba.
• Dispoñemos de aulas específicas para informática, música e psicomotricidade,  plástica, relixión, inglés e educación especial.
• Horto escolar con carácter permanente.
• Xardín adicado a un proxecto de Voz Natura (plantas mediciñais e aromáticas).
• Zona de lecer para o alumnado de Educación Infantil dotada con equipamentos específicos e solo non agresivo.

Amosar
Actividades
Da A.N.P.A.

Neste curso :

natación,

taekwondo ,

balonmán(subvencionada pola Diputación)

intelixencia emocional,

técnicas de estudio 

multideporte.

ludoteca

ESPERTAR XOGANDO: servizo de apertura anticipada a partir das 08:00 horas.

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 120 101
  • Email: ceip.riadevigo@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Av. Cesáreo Vázquez, 139. S. Miguel de Oia. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 13:00 a 14:30 horas
  • Clases: 9:30 a 14:30 horas
Servizo de transporte

Tres liñas de transporte que dan servizo con diferentes paradas:

               LIÑA 1 :                                                                                                   

Cruce Camiño Figueiras Roteas,    Matoca (Igrexa Roteas 70), Gontade ( Igrexa Roteas 126, Rial (estr.Camposancos 143), Teixugueiras 19, Florida (Elefante azul), Balaídos (Avda.Fragoso 94)                                                        

               LIÑA 2 :

Bouzó (Avda. Cesáreo Vázquez 13)   , Estomada ( Estra.camposancos 49), Cruce Cal Outeiro, Orxás, Gondufe, mide (Avda.Ricardo Mella), canido 1 (R/Antonio C 48), Canido 2 (R/ Antonio desiderio Pernas), Canido 3 (R/ Gómez Román 68) , Canido porto ( Canido 195) Bao ( parada Vitrasa)

               LIÑA 3:   

Cruceiro (Avda.cesáreo Vázquez 75), lagar (Avda.Cesareo Vázquez 61), Torreiro-Priegue (Torreiro 4), Prado (Torreiro 68), Fontán (Avda.Ricardo Mella 401), Fontán (Avda Ricardo Mella 387), saiáns (Baixada a Praia 197), Canido estación (Avda Ricardo Mella 239), Roteas (Camposancos 325), Esteriz (camposancos 464)                                              

                                                               

                                                                                 

                                                                           

Servizo de comedor

Cociña propia. menú elaborado diariamente no propio centro

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org