A finalidade educativa do noso centro é proporcionarlle a todos os nenos e nenas unha educación integral que permita aumentar e afianzar o seu desenvolvemento persoal.
A actividade diaria do centro está encamiñada a colaborar, dende esta etapa, na preparación para o exercicio activo da cidadanía e do respecto aos dereitos humanos. Paralelo a esta formación de cidadáns respetuosos, tolerantes, demócratas e críticos tentamos desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como de actitudes de curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe. E sempre axudando aos nosos alumnos/as a adquirir as competencias necesarias para formar parte da sociedade do mañá.
Somos un centro Plurilingüe: Os nosos alumnos/as dende os 3 anos teñen clase de Inglés e contamos con auxiliar de conversa
Os obxectivos anteriormente explicitados tentamos levalos a cabo a través dun proceso de ensinanza-aprendizaxe cooperativo, construíndoo entre todos do xeito máis lúdico e atractivo posible.
Por outra banda estamos dentro de varios programas ofertados pola Administración educativa que inciden favorablemente na consecución dos logros propostos:
Todas as aulas contan con pantalla interactiva permitindo integrar as novas tecnoloxías da información e comunicación, no traballo diario.
· Comedor .
· Biblioteca
· Aula de psicomotricidade
· Ximnasio
· Aula de usos múltiples.
· Aula de audiovisuais.
· Aula de Informática
· Aula de Música.
· Aulas de Inglés
· Aula de Relixión
· Aula de Plástica.
· Aula de audición e linguaxe
· Aulas de Pedagoxía terapeutica
· Patio de recreo Ed. Infantil
Xestionadas pola ANPA:
Xestionadas pola ANPA:
Horario: de 16:00h a 18:00h
Aula Matinal:
Servizo de recollida tardía:
Campamento de Nadal, Entroido, Semana Santa e Verán:
Comedor