Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP Párroco Don Camilo

CEIP Párroco Don Camilo - centro público

Adscrito ao centro: IES Coruxo

Somos un centro de calidade no concello de Vigo, en Santo André de Comesaña, a 2 km. da Praza de América, en zona rural con grandes e variados espazos verdes, case sen casas arredor, sen ruidos e sen contaminación.

O  funcionamento do noso centro como institución pública está ao servicio da comunidade a que pertence. 

Recibimos o premio de “Vigués Distinguido” no noso 50 aniversario polo noso labor educativo. 

 

Promovemos unha educación de calidade, baseada na experimentación, desenvolvendo a creatividade e espertando a curiosidade nun ambiente con espazos naturais privilexiados e acolledores

Educamos  na coeducación, na integración, na paz, na igualdade, no respecto das minorías, na solidariedade, e na tolerancia.

Fomentamos a autonomía nas distintas etapas educativas, así como o desenvolvemento de habilidades e a xestión da intelixencia emocional, encamiñando ao alumnado a un coñecemento de si mesmo, a empatizar e desenvolver habilidades sociais indispensables para o seu presente e futuro como persoa capaz de traballar en equipo, comunicarse claramente e render de forma eficiente no mundo actual. Organizamos tamén obradoiros colaborativos  fomentando a inclusión, o respeto e a tolerancia.

Traballamos cunha metodoloxía baseada en “situacións de aprendizaxe” onde as nenas e nenos aprenden en contacto co medio natural, observando, analizando, procurando información e resolvendo problemas, ofrecendo tamén unha formación en matemáticas manipulativas, competencia dixital e técnicas de estudo.

 

 

As linguas galega, castelán e inglesa, ensínanse dende os tres anos, ao comenzo da educación infantil, así como a educación musical e maila educación física.

Equipamento e instalacións

· Ximnasio, patio cuberto e pista de futbito.
· Patios: un para E. Infantil e tres de E. Primaria.
· Aulas de: Música, Informática Stem, Educación artística, logopedia, apoio, inglés e orientación.
· Comedor e servicio de madrugadores.
· Biblioteca.
· Horto escolar, xardíns e árbores frutais.

Amosar
Actividades
Extraescolares

 Natación,Baloncesto, Patinaxe, Baile moderno, Xadrez, Futbito, Percusión e canto galego, Robótica, Debuxo e Pintura, taeKwondo, Atletismo, Ximnasia Rítmica

Servizo de comedor en horario de 14 a 16 horas.
Servizo de Madrugadores en horario de 7,45 a 9 horas.

Da A.N.P.A.

As citadas anteriormente. Tamén celebran as festas tradicionais (Magosto, Letras Galegas, Entroido, Fin de curso, Cross Escolar).

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Centro educativo de Infantil e Primaria.
Non regulada
Actividades extraescolares polas tardes en horario de 16 a 18 horas ( Natación, Baloncesto, Patinaxe, Baile moderno, Futbito, Percusión e canto galego, Robótica, Debuxo e Pintura, taeKwondo, Atletismo, Ximnasia Rítmica) Servicio de comedor escolar en horario de 14 a 16 horas. Servicio de madrugadores en horario de 7:45 a 9:00 horas.
Amosar
Outra información de interese

Realízanse actividades complementarias durante o curso, relacionadas co curriculum (teatro, visitas a museos, talleres de xogos...).

Celébranse as festas tradicionais e conmemóranse datas de relevancia (Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas, Semana da Prensa, Día do Libro...).

Temos un proxecto "A escola e o bosque" en colaboración coa Comunidade de Montes da parroquia. Repoblamos con árbores zonas forestais próximas. Facemos saídas para coñecer a nosa parroquia (muiños, miradoiros, lavadoiros, construccións de relevancia histórica...).

Temos un Plambe cun proxecto anual de biblioteca para todo o centro e realizamos actividades de innovación, dinamización da lingua galega (Proxecto de fomento) e  coidado da saúde e do medio ambiente (Plan Proxecta)

 

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

Actividades no centro

< Galería 1Galería 2 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 120 222
  • Fax: 886 120 222
  • Email: ceip.parroco.doncamilo@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Estrada Matamá-Pazo, 104. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: De luns a venres de 9:15 a 10:00 horas Os martes de 17 a 18´30 horas.
  • Titorías: Os martes de 17´30 a 18´30 horas
  • Clases: De luns a venres de 9 a 14 horas
Servizo de transporte

Avenida Atlántida.

Teixugueiras nº 16
Teixugueiras nº 22
Teixugueiras nº 38
Caramuxo
Estrada Camposancos (Gasolineira)
Cruce Muiños
Rial
Pitasia
Casás
Cocheiros-Sanín.
 

Servizo de comedor

Xestionado pola A.N.P.A. Horario de 14 a 16 horas.

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org