Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP Paraixal

CEIP Paraixal - centro público

Adscrito ao centro: IES A Guía

O CEIP Plurilingüe Paraixal é un centro Plirilingüe. Este programa ten como finalidade fomentar a inclusión paulatina e uniforme da lingua inglesa no currículo dalgunhas materias de Primaria. Xa levabamos varios anos con seccións bilingües e a partir deste curso somos centro plurilingüe, promovendo tamén o uso da lingua galega.

 

O noso Colexio promove a tolerancia e o diálogo, defendendo unha escola aberta e pluralista, educando ao alumnado na libertade, no respecto ás diferenzas entre os pobos e as persoas. Propoñemos unha escola baseada na coeducación coa igualdade entre os sexos, tentando eliminar as diferenciacións nos roles, tanto do alumnado coma do profesorado.

 

Acercar ao alumnado a natureza é un dos obxectivos que perseguimos aproveitando a nosa privilexiada situación co noso bosque, o bosque da Buraquiña. Seguimos traballando no noso horto escolar.


Somos conscientes de que a escola debe preparar aos seus membros para a súa inserción na sociedade actual e polo tanto a alfabetización dixital supón un dos principais retos para o Centro.

Tratamos de que a Biblioteca sexa un eixo de encontro do traballo diario e desde esta coordinar aos distintos equipos formados no Centro. Durante o curso desenvólvense, entre outras, as seguintes actividades: mostra de outono, magosto, nadal, día da paz, entroido, día do libro, semana da prensa, letras galegas.

O colexio ten departamento de orientación e conta con especialistas de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, que xunto co resto do profesorado atenden á diversidade.

Temos varios proxectos interdisciplinarios, como é "Paraixal chefs, a reubicación de espazos amables, voz natura e a radio entre outros.
O horario é en xornada continuada de mañá.

Equipamento e instalacións

Comedor.
Biblioteca.
Salón de actos / ximnasio.
Aula de música.
2 Pistas de baloncesto
1 Pista polideportiva.

1 Aula PT

1 Aula de polos creativos.

1 Patio arenero para Infantil


Patio cuberto.

Amosar
Actividades
Extraescolares

As actividades van en función da demanda dos pais, durante este curso temos:

- Kárate

- Multideporte

 

Da A.N.P.A.

Todas as actividades extraescolares son organizadas pola ANPA. Ademais tamén temos Aula Madruga.

Amosar
Oferta educativa
Regulada
2º Ciclo de Infantil 1º Ciclo de Primaria 2º Ciclo de Primaira 3º Ciclo de Primaria
Amosar
Outra información de interese

Pódese vistar o centro previa cita chamando ao telefono: 886120233

A páxina web do centro é : https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipparaixal/

Facebook e Instagram: #ceipplurilingueparaixal

Amosar
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886120233
  • Email: ceip.paraixal@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rua do Colexio Paraixal, 17. 36216 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: De 8:30 a 9:30 e de 11:30 a 12:00
  • Titorías: Martes de 16:00 a 17:00
  • Clases: 09:00 a 14:00
Servizo de comedor

O centro dispón de servizo de comedor en horario de 14:00 a 16:00 horas xestionado polo ANPA

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o twitter do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org