Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP O Sello

CEIP O Sello - centro público

Adscrito ao centro: IES Ricardo Mella

Somos un centro de Educación Infantil e Primaria no que potenciamos unha relación próxima, afectiva e colaboradora con toda a comunidade educativa, axudando de xeito moi positivo ao desenvolvemento integral do alumnado.


O centro segue unha liña de traballo na procura de accións que axuden a manter un centro dinámico, flexible e receptivo, innovando e mellorando a práctica docente.


Para levar todo isto a cabo estamos inmersos nos seguintes proxectos:

  •  Contratos-Programa: Participamos en CP-INCLÚE (IGUÁLA-T, CONVÍVE-T e INCLÚE-T) e CP INNOVA (INNOVA e EDUSaúde)
  • PROA+.ARCO.
  • Plan Proxecta.
  • Plan Estratéxico da Mellora da calidade educativa.
  • Proxecto de Dinamización da Lingua Galega.
  • PLAMBE, Bibliotecas creativas e Radio na Biblio.
  • Centro Plurilingüe.
  • Centro Edixgal.
  • Camiña con nós pola igualdade.
  • Plans de Formación do profesorado: Organización e xestión biblioteca; Edixgal e CLIL.

 

Para acadar os obxectivos marcados polo centro dispoñemos do equipamento preciso nos seguintes espazos:

  • Departamento de orientación.
  • Centro Plurilingüe con auxiliar de conversa.
  • Aulas EDIXGAL en 5º e 6º (23/24) de Ed. Primaria
  • Aulas Infantil e Primaria.
  • Aula de Música.
  • Aula de Inglés.
  • Aula sensorial.
  • Biblioteca con Espazo Maker.
  • Aula creativa.
  • Aula dixital.
  • Ximnasio.
  • Comedor.
  • Radio Escolar.
  • ANPA
  • Aula madruga.

 Ademais todas as nosas aulas están dotadas de encerado ou panel dixital e gran luminosidade, grazas as grandes ventás e aos espazos abertos que nos rodean.

 

No noso centro existe un lugar onde non só o alumnado é o protagonista, senón tamén animais, seres fantásticos, reis e raíñas,
piratas, nenos... Todos teñen cabida na nosa biblioteca, converténdose nun espazo de encontro entre os diferentes membros da comunidade escolar.


Por todo isto, dende a biblioteca levamos varios anos participando nos seguintes plans:
PLAMBE.
Bibliotecas Escolares Inclusivas.

Bibliotecas Creativas.

• Radio na biblio.

 

Os temas transversais impregnan a práctica educativa e están presentes en todas as áreas. Somos especialmente sensibles coa educación ambiental, que ten que ser a través dun coñecemento activo do entorno próximo, implicando ao alumnado na conservación e respecto do medio.

 

Cómpre destacar tamén o entorno no que está situado o centro, con amplas zonas verdes, tendo á nosa disposición:
Parque para alumnado de Educación Infantil.
Horta escolar.
Pistas polideportivas.


 

Equipamento e instalacións

· Inglés dende os 3 anos.
· Ampla biblioteca actualizada con diferentes zonas, como o espazo Maker.
· Aula de usos múltiples.

· Instalacións deportivas: pista de futbito, baloncesto, balonmán e ximnasio.
· Aulas de música e de plástica.

· Aulas de informática con novos equipos.

· Parque infantil para o alumnado máis cativo.
· Radio escolar recentemente equipada.

Departamento de orientación

Aulas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.

Grandes zonas naturais:
· Terreo anexo de 1.100 m2
· Patio de 4.500 m2
· Patio cuberto de 165 m2
· Zonas verdes e axardinadas de 1.600 m2
· Horto-invernadoiro.

Amosar
Actividades
Extraescolares

 Ofertadas pola ANPA Sardomela.

Da A.N.P.A.

As actividades de centro vense reforzadas pola colaboración e implicación da nosa ANPA.

 

Amosar
Outra información de interese

 Visita o noso Instagram: https://www.instagram.com/ceip.o.sello/

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

Celebrando o día da paz

O NOSO HORTO

Aula da natureza

Radio Sello

< Galería 1Galería 2Galería 3Galería 4Galería 5 >
Galería de vídeos
Novas do centro
  • 18/02/2022
    Novo Instagram!!
  • 04/08/2012
    O patio
    O patio, que corresponde co campo de futbito, é o zona onde os nosos alumnos pasan a maior parte do tempo de recreo.
  • 04/08/2012
    Proxecto Abalar
    Xa somos un centro Abalar
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886120265 / 886120268
  • Email: ceip.osello@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Sardomela, 5. 36215 Cabral-Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: luns a venres, de 9:15 a 10:55 horas
  • Titorías: Martes pola tarde
  • Clases: 09:15 a 14:15
Servizo de transporte

LIÑA 1: Centro · Bar Fontefría · Residencia de Anciáns · Hospital Meixoeiro · Grupo Sindical · Manuel Álvarez.
LIÑA 2: Centro · Feira · Curuxeira · Caeiro · Rabadeira · Parada · Gasolineira · Avda. de Peinador · Ramón Nieto · Martínez Garrido · Avda. da Ponte.

 

Paradas ampliables previa solicitude.

Servizo de comedor

 

Comedor Escolar reformado recentemente e xestionado pola Xunta de Galicia.

 

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org