Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP Plurilingüe O Pombal

CEIP Plurilingüe O Pombal - centro público

Adscrito ao centro: IES Castelao

Somos un colexio...

  • PÚBLICO: de todas e todos para todos e todas. Ofertamos un ensino de calidade que busca o pleno desenvolvemento do alumnado como persoa  e como cidadáns.
  • PLURILINGÜE: Impartimos materias en castelán, galego e inglés. Contamos con Auxiliar de conversa para as clases de Inglés.
  • ABERTO: Ofertamos unha ampla variedade de visitas, saídas e actividades en colaboración co barrio e a cidade (granxas escolas, biblioteca Neira Vilas, visitas ao barrio, as praias e montes da cidade, museos, Reconquistiña, animacións a lectura coa visita dos autores e autoras dos libros do noso itinerario lector...)
     

O noso IDEARIO baséase nas seguintes premisas:

  • Educación integral para acadar un pleno desenrolo humano.
  • Educación na investigación con actitude crítica.
  • Educación na tolerancia, respecto e solidariedade.
  • Atención á diversidade e ao pluralismo ideolóxico e cultural do noso alumnado e das súas familias.
  • Formación en igualdade nas 2 linguas oficiais, mediante o uso e estudio da nosa cultura.
  • Concienciación da importancia do coidado e respecto polo medio natural.

QUE OFERTAMOS?

  • Temos xornada continuada, de 9:00 a 14:00 horas.
  • Ofertamos aula matinal para o alumnado que deba estar antes da apertura, comedor escolar e moitas actividades extraescolares para quen queira quedar despois.
  •  Programamos un amplo catálogo de saídas e visitas extraescolares.
  • Contamos con profesorado especialista a tempo completo, que imparten en aulas específicas: Inglés, Música, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe, Educación Física, Relixión, ...
  • Contamos con dúas coidadoras para atender ao alumnado NEAE.
  • O noso Departamento de Orientación (tamén a tempo completo) atende al alumnado NEAE e ás familias que o precisen. 
  • Seguimos unha metodoloxía activa e de traballo por proxectos educativos en Educación Infantil e metodoloxía orientada as Competencias Clave en Educación Primaria.
  • Temos biblioteca con servizo de préstamo dende os 3 anos. Acollidos ao Plan de mellora de bibliotecas escolares desenvolvido pola Consellería de Educación. Contamos con Radio na biblio e con bibliotecas creativas.
  • Damos importancia ás novas tecnoloxías: temos aula de POLOS CREATIVOS: xogos de mesa, robots, make-make, micro bits... aula de informática, ordenadores nas aulas, encerados e pizarras dixitais, iPads...
  • Participamos en numerosos proxectos e programas: Contratos programa, Cruz Vermella, Caixa ProInfancia, Educación Vial, Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, Radio na Biblio, bibliotecas creativas, polos creativos, Programa  "Camiña con nós pola igualdade", patios dinámicos ... 
Equipamento e instalacións
  • Aula matinal de 8:00 a 9:00 h.
  • Comedor escolar xestionado por FOANPAS.
  • Biblioteca xeral e de aula, con servizo de préstamo e actividades de animación á lectura.
  • Aula de polos creativos, inglés, música, relixión, PT, AL
  • Departamento de Orientación propio:Orientadora, especialistas de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica.
  • Instalacións deportivas: ximnasio e pista polideportiva cuberta.
  • Patio para educación infantil con área de xogos, areeiro e pista de educación vial.
  • Varias zonas axardinadas.
  • Horto escolar.
Amosar
Oferta educativa
Regulada
Ed. Infantil e Primaria
Amosar
Actividades
Extraescolares

· Teatro e Expresión Corporal   

·  Inglés Trinity de 2º a 6º

·  Multideporte

·  Balonmán

·  Pandeireta

·  Patinaxe

·  Exprésate coas cores

·  Atletismo

·  Tenis

·  Taller Cociña

·  Baile Moderno

·  Baile tradicional

·  Taekwondo

 

 

 

Da A.N.P.A.

A ANPA conta cun local para o seu uso.

Xestiona o Comedor e a Aula matinal, así como as actividades extraescolares e o campamento para os momentos non lectivos (verán, Nadal..)
 

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886120088, 886120087, 886120090
  • Email: ceip.opombal@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Camino Pombal, s/n. 36205, Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:00 - 9:45 13:15 - 14:00
  • Titorías: Martes de 16:00 h a 17:00 h (previa cita)
  • Clases: 9:00 a 14:00 horas RECREO 11:30-12:00 HORA DE LER: 12:00-12:20
Servizo de comedor

Si.

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o twitter do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org