As clases impártense en xornada continuada de 9 a 14 horas.
A actividade do centro pretende o pleno desenvolvemento da personalidade humana, o respectos aos dereitos e liberdades individuais, a coeducación, a defensa e conservación do medio ambiente e as peculiaridades socioculturais galegas.
A participación activa dos membros da comunidade educativa está reforzada polo funcionamento de comisións mixtas nas que se integran nais/pais, profesorado e alumnado para organizar diversas actividades coma a Escola Popular, a Festa de Aniversario en Educación Infantil, a biblioteca, o horto,...
Aulas de infantil e primaria.
Aula de inglés.
Aula de música.
Aula STEAM.
Biblioteca escolar.
Departamento de orientación.
Aula de Audición e linguaxe e Pedagoxía terapéutica.
Radio escolar.
Aula de convivencia.
Ximnasio.
Pista polideportiva.
Pista cuberta.
Patio infantil.
Rocódromo.
Horta escolar.
Comedor escolar.
Zonas verdes e axardinadas.
A ANPA oferta actividades extraescolares: teatro, ximnasia rítmica, baloncesto, happy english, taekwondo, robótica, pintura, baile e patinaxe.
A ANPA xestiona as actividades extraescolares que se desenvolven dende ás 16:00 -18:00 horas.
Participa nas actividaddes complementarias do centro.
Colabora activamente no programa de libros e material comunitarios.
Organiza un cross escolar.
Datos de interese:anpabenevivere@gmail.com. Teléfono 649446640
O centro conta con servizo de comedor e aula de mediodía xestionados pola ANPA. A empresa responsable oferta servizo de catering e coidadoras. O horario é de 14:00 a 16:00 horas.
Ademáis o centro ofrece apertura anticipada ás 07:45 horas, facilitando o almorzo a aqueles que o soliciten.