Adscrito ao centro: IES ValadaresO centro, dunha liña (unha aula por nivel), situado nun lugar excepcional ao lado do parque de Castrelos, conta con xornada continuada de mañá, que pode ser ampliada co servizo de comedor e as actividades extraescolares.
A actividade educativa baséase no pleno respecto aos dereitos e liberdades fundamentais, no exercicio da tolerancia e na adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo que lle permitan ao noso alumnado una integración crítica na sociedade.
Planificación de saídas e actividades complementarias para todos os cursos.
O idioma estranxeiro é o inglés, e iníciase de forma secuencial desde infantil.
Xa dende educación infantil contamos con sesión específicas de educación musical e psicomotricidade.
Dispoñemos tamén de servizo de orientación escolar e audición e linguaxe.
Centro incluido no plan de mellora de bibliotecas escolares da Consellería de Educación.
Proxecto de Horta escolar ecolóxica.
· Biblioteca (www.blogoteca. com/orecantodemik).
· Bibliotecas de aula.
· Comedor.
· Salón de actos.
· Laboratorio.
· Instalacións deportivas: ximnasio e tres pistas polideportivas.
· Aula de música.
· Aula de vídeo.
· Aula de informática.
· Aula de psicomotricidade.
· Aula de apoio.
· Patio de xogos para educación infantil.
· Aula de xogos para educación infantil.
· Aula de novas tecnoloxías (encerado dixital, canón,...).
· Aula de idiomas.
· Aula de audición e linguaxe.
· Horta escolar.
Se queres ver as instalacións do centro, preme aquí.
Saídas didácticas programadas cada curso, de acordo coa programación xeral.
Horario de atención a familias: 9:00 a 9:30 e de 16:00 a 18:00 horas
· Servizo de acollida matinal de 8:00 a 9:00 horas.
· Natación.
· Baile moderno & Zuma kids
· Taekwondo.
· Ximnaxia rítmica.
· Robótica.
· Patinaxe artística.
. Break dance.
. Balonman.
. Esgrima.
. Robótica.
. Iniciación ó fútbol.
Colabora activamente en múltiples actividades complementarias: magosto, nadal, entroido, maios, letras galegas, festivais de actividades extraescolares e fin de curso.
En Educación Infantil, o centro conta con tres aulas, unha por cada nivel, atendidas por catro profesoras.
Dúas liñas. Rúas: Praza 8 de Marzo - Concello - Praza de España - Gran Vía - Avda. de Castrelos - Balaídos - Alcalde Portanet - Rúa Mestres Goldar - A Falcoa - Camiño do Monte da Serra - Colexio.
Comedor xestionado pola ANPA do centro (Catering).
vigo.org