Adscrito ao centro: IES Valadares
UBICACIÓN
O CEIP Josefa Alonso está situado na parroquia de Matamá, nunha contorna natural que permite o desfrute do contacto coa natureza nunha ubicación próxima ao centro da cidade.
LIÑA METODOLÓXICA
Este centro opta por unha liña metodolóxica segundo a LOMLOE, introducindo paulatinamente dinámicas favorecedoras da formación competencial do noso alumnado a través de 5 eixos fundamentais:
- O movemento como ferramenta fundamental para o desenvolvemento integral do noso alumnado de E.I. Coas sesións diarias de psicomotricidade procúrase a estimulación das conexións neuronais, o coñecemento de sí mesmo e da contorna e as relacións cos demais.
- Situacións de aprendizaxe. O noso centro propón unha dinámica de aula baseada en situacións ( comunicativo-lingüístico, lóxico-matemático e científico-social) que favorezan a posta en práctica dos contidos conceptuais a través de tarefas experienciais e reais con trascendencia social para o noso alumnado, empregando dinámicas e estruturas propias da aprendizaxe cooperativa.
- Formación continua do Equipo Docente a través de Programas de Formación Para o Profesorado, Seminarios, ponencias, cursos e obradoiros co obxectivo de mellorar a práctica docente.
- Convivencia Escolar Positiva. O noso centro valora as aportacións de todos os membros da comunidade educativa, por este motivo traballamos xuntos/as a través das diferentes comisións nas que a ANPA está en continua participación.
RECURSOS
O principal recurso para a obtención de experiencias que favorezan unha aprendizaxe activa e significativa é a actividade conxunta de toda a Comunidade Educativa.
Ademais dispoñemos dos recursos propios dun centro destas características: biblioteca e aula STEAM, aula de música, ximnasio...
DATAS SIGNIFICATIVAS
Preservar a cultura galega e as nosas tradicións ten un lugar prioritario no desenvolvemento do proceso de ensinanza-aprendizaxe do colexio Josefa Alonso de Alonso. É por isto que todo o noso alumnado participa, da man dos seus docentes, de forma activa na celebración de festas , conmemoracións e outras datas de interese cultural relacionadas coa comunidade galega: Samaín, Magosto cos nosos Maiores, Día de Rosalía, Letras Galegas, Semana Cultural... O equipo de dinamización da lingua promove un amplo abano de actividades encamiñadas nesta dirección, na que cada vez participan máis activamente as familias. O principal obxectivo destas datas é concienciar a toda a Comunidade Educativa da necesidade de traballar xuntos para respectar a contorna, as súas costumes e a súa riqueza.
ORIENTACIÓN EDUCATIVA E INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
O departamento de orientación está constituído pola orientadora e as mestras especialistas en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe que traballan de forma conxunta co resto de docentes e nunha doble vertente: atender ás necesidades específicas das nenas e nenos que precisan apoio e orientar ás familias en aspectos relacionados coa educación dos seus fillos e fillas.
Para este obxectivo o noso DO traballa dun xeito interprofesional cos Equipo Orientación Específicos, Gabinetes, UACO e Profesionais do ámbito clínico.
SECCIÓN BILINGÜE
En primeiro, segundo e terceiro curso de Educación Primaria impártese a Educación Plástica en lingua inglesa ao mesmo tempo que contamos cunha auxiliar de conversa que acude ao centro tanto para EI coma para E.P.
- Biblioteca con dotación para infantil, primaria, docentes e familias.
- Biblioteca creativa (Aula STEAM).
- Salón de actos con escenario para representacións teatrais.
- Aula de Pedagoxía Terapéutica.
- Aula de Audición e Linguaxe
- Aula de Educación Artística e Musical.
- Aula de cociña
- Ascensor e rampas de acceso.
- Patio específico para educación infantil.
- Pistas deportivas
- 2.000 m2 de xardín.
- Horta escolar.
A ANPA representa a totalidade de pais/ nais do centro e colabora co Equipo Directivo e o profesorado na análise e diseño de tarefas para satisfacer as necesidades que se presentan (Encontros familia-escola, unha vez ao mes), en actividades complementarias e celebracións, ademais de organizar unha ampla oferta de actividades extraescolares. Estas na actualidade son as seguintes:
Dirixidas ao alumnado:
- Servizo de comedor de 13:50 a 15:50 horas.
- Servizo de madrugadores de 7:50 a 8:50 horas.
- Natación
- Patinaxe
- Teatro
- Pintura
- Xogando co inglés
- Multideporte
- Robótica
- Lingua de signos
- Rugby.
- Atletismo.
- Xadrez
Dirixidas aos pais e nais
- Baile tradicional
- Escola de música tradicional (Gaita e percusión)
- Pilates, en colaboración coa Asociación de Veciños de Matamá
- Teatro de nais e pais
- Ximnasia de mantemento de nais e pais.
Na actualidade o centro atópase traballando na unificación de criterios pedagóxicos e didácticos, a través da súa Comisión de Coordinación Pedagóxica, para desenvolver un Proxecto Educativo común que dea resposta as necesidades do alumnado na socidade actual tendo en conta as características de toda a nosa comunidade educativa para un fin común: Conseguir un aumento da calidade da educación que recibe o alumnado do centro mediante unha mellora do proceso de ensino-aprendizaxe, que abarque a todos os ámbitos do mesmo e a todos os membros da comunidade educativa; e desta forma, facilitar o desenvolvemento integral dos nosos alumnos e alumnas.
Unha liña de transporte gratuito.
Outeiro-Campo de fútbol-Baixada a Moo -A Moó-Barxa- Vilar-A Balsa.
Servizo de comedor xestionado pola ANPA
vigo.org