Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP Javier Sensat

CEIP Javier Sensat - centro público

Adscrito ao centro: IES Álvaro Cunqueiro

O C.E.I.P. Plurilingüe Javier Sensat é un cole pequeno, cun trato cercano e familiar. Somos un centro público dunha liña, contamos con tres unidades de educación infantil  e seis unidades de educación primaria.

 

Sendo un centro plurilingüe, a área de plástica impártese en inglés. Contamos cunha auxiliar de conversa en inglés para educación primaria e tamén temos plurinfantil.

 

Estes son os nosos programas educativos.

  • Plan Proxecta +
  • Programa anual de Formación de Profesorado.
  • Plurinfantil.
  • Plurilingüismo (ARTS en EI e EP)
  • Programas de Auxiliares de Conversa.
  • Xogade
  • Plan de mellora de Blibliotecas Escolares (PLAMBE).
  • Biblioteca Creativa
  • Lectura y familias
Equipamento e instalacións

INSTALACIÓNS:

Contamos con mais de 9.000 m2:

  • 2 Pistas de tenis.
  • 1 Campo de futbito.
  • 1 Cancha de baloncesto.
  • Patio de inifantil con areeiro.
  • Rocódromo.
  • Patio cuberto de EI e EP
  • Grandes espazos verdes.
  • Horto escolar.

O centro escolar está formado por dous edificios:

No primeriro edificio atópanse :

  • 3 Aulas de educación infantil.
  • 7 Aulas de educación primaria
  • Biblioteca
  • Aula de polos creativos
  • Departamento de orientación.
  • Aula de audición e linguaxe
  • Aula de pedagoxía terapeútica.
  • Aula de música
  • Aula de inglés.
  • Aula de relixión.
  • Sala de mestres.

No segundo edificio atópanse:

  • Secretaria.
  • Dirección.
  • Ximnasio.
  • Salón de Actos .
  • Local da A.N.P.A
Amosar
Actividades
Extraescolares

As actividades proposta pola A.N.P.A para este curso son:

  • LUNS:

                            - Tenis, Acrobática e Breakdance (no centro)

                            - Surf (fora do centro).

  • MARTES:

                           - Baile, Xadrez (no centro)

                           - Surf (fora do centro).

  • MÉRCORES:

               - Taekwondo, Pintura/manualidades e Teatro (no centro).

               - Surf (fóra do centro)

  • XOVES:

                   - Minichef, Ximnasia Acrobática (no centro).

                   - Surf (fóra do centro)
  • VENRES:

                    - Tenis, Patinaxe (no centro).

 

Da A.N.P.A.

Outras actividades realizadas pola A.N.P.A.:

  • Carreira en familia.
  • Aniversarios.
  • Festa Samaín.
  • Festa entroido.
  • Festa Fin de curso
  • Campamento de nadal
  • Campamento de entroido
  • Campamento de Semana Santa
  • Campamento de Verán
Amosar
Outra información de interese
  • AULA MATINAL:

Temos plan madrugadores organizado pola ANPA e desenvolvido pola empresa Imaxina. Está baseado nun deseño psicopedagóxico que se adapta ás necesidades do alumnado, ofrecendo actividades lúdicas que converten en algo positivo o feito de madrugar.

Horario de 7:45 a 8:50 h.

 

  • COMEDOR ESCOLAR

O noso comedor está xestionado pola ANPA con monitoras responsables do seu funcionamento e cumprindo os protocolos establecidos polo Consello Escolar.Os/as  nenos/as con intolerancias ou alerxias teñen  menús axeitados para eles/as. 

Quendas de comida 

  • 14:00 - 14:45 ( Infantil - 1º - 2º)
  • 14:45 - 15:30 (3º - 4º - 5º - 6º)

O horario de recollida é de 15:30 h. a 16:00 h. 

 

  • SAÍDAS, CHARLAS, OBRADOIROS E EXCURSIÓNS

Sempre que a situación epidemiolóxica nolo permita tentaremos normalizar as actividades complementarias, tanto dentro como fóra do centro. 

 

  • GRADUACIÓNS

Cando os/as nenos/as rematan a Educación Infantil  e a Educación Primaria festexamos o cambio de etapa educativa cunha graduación.

 

  • CAMPAÑAS SOCIAIS

Sempre que temos ocasión participamos en diversas campañas sociais, coma, por exemplo, o "banco de alimentos" ou "ningun niño sin bigote".

 

  • REVISTA ESCOLAR

Cada ano, cara ao final do curso, publicamos a nosa revista "O Castañal", da que xa chegamos ao número 31. Na súa elaboración participan todos os cursos e os mestres.

 

  •  FARO DA ESCOLA

Participamos no programa Faro da Escola para elaboración dun xornal levado a cabo polo periódico local Faro de Vigo

Amosar
Galerías fotográficas

IMAXES DO CENTRO

BIBLIOTECA

AULAS DE PRIMARIA

AULAS DE ESPECIALISTAS

AULAS DE INFANTIL

XOGOS DO PATIO

< Galería 1Galería 2Galería 3Galería 4Galería 5Galería 6 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886120243
  • Email: ceip.javier.sensat@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Xavier Sensat, 8. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: A atención xeral é con cita previa nos seguintes números: Dirección: 886120244 Secretaría e xefatura de estudos: 886120242 Orientación: 886120241
  • Titorías: As titorías son os martes de 16:00 h. a 17:00 h.
  • Clases: A xornada escolar é de 8:50 h. ata as 14:00 h.  As saídas son en Educación Infantil ás 13:50 e en Educación Primaria ás 14:00
Servizo de transporte

NON dispón de transporte escolar.

Servizo de comedor

O noso comedor está xestionado pola ANPA, na modalidade de catering neste caso ARELA, con monitoras responsables do seu funcionamento e cumprindo os protocolos establecidos polo Consello Escolar. Os/as  nenos/as con intolerancias ou alerxias teñen  menús axeitados para eles/as.

Quendas de comida 

  • 14:00 - 14:45 ( Infantil - 1º - 2º)
  • 14:45 - 15:30 (3º - 4º - 5º - 6º)

O horario de recollida é de 15:30 h. a 16:00 h. 

 

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o twitter do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org