Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP Illas Cíes

CEIP Illas Cíes - centro público

Adscrito ao centro: IES Alexandre Bóveda

COMO TRABALLAMOS?

 

Ø  En Educación Infantil

 

En Infantil o xogo é a base de toda aprendizaxe: creatividade, resolución de conflitos, habilidades comunicativas, educación emocional.

Traballamos por proxectos con materiais sensoriais respectando o nivel madurativo do alumnado. As aulas están distribuidas en espazo de xogo simbólico, vida práctica, pensamento lóxico-matemático, lectoescritura.

No noso cole buscamos promover a participación dod nenos/as no seu proceso de ensinanza aprendizaxe, fomentando neles a creatividade e o pensamneto crítico. Algunhas das estratexías metodoloxicas que empregamos mesturan diferentes enfoques:

  • A aprendizaxe baseada en proxectos respectando o nivel madurativo e as necesidades do alumnado.
  • O Método Montessori, centrado en promover a autonomía e espontaneidade.
  • A aprendizaxe cooperativa.
  • O Método Waldorf que incentiva o traballo creativo e fantasioso nos rapaces. Os rincóns de aprendizaxe, que son espazos delimitados da aula onde individualmente ou en pequenos grupos realizan simultáneamente diferentes actividades de aprendizaxes.
  • Instalacións, que son propostas que convidan aos nenos a observar, pensar, transformar, experimentar e explorar. E
  • Provocacións, que son invitacións para que os nenos xoguen e utilicen os materias, segundo a súa curiosidade, desexo, gañas de descubrir e motivación.
  • Estimulación sensorial
  • Uso equilibrado dos entornos dixitais.

Ø  En Educación Primaria

 

Traballamos para facilitar ao alumnado unha formación integral, con aprendizaxes que desenvolvan a expresión e comprensión oral, a lectura, a escritura, as habilidades lóxicas e matemáticas, a adquisición das nocións básicas da cultura, hábitos de convivencia, sentido artístico, creatividade e afectividade. O desenvolvemento das competencias clave e un uso equilibrado e educativo dos entornos dixitais.

Ao longo do curso celebramos diferentes conmemoracións interniveis, mesturando alumndo de infantil e primaria, para realizar diferentes xogos e obradoiros, onde os maiores axudan ao máis cativos.

 

PROGRAMAS NOS QUE PARTICIPAMOS

 

Participamos ademáis nos seguintes Programas e Proxectos:

  • EDIXGAL MODELO HIBRIDO (mesturando libros de texto e uso dos ordenadores)
  • RADIO NA BIBLIO
  • CLUB DE LECTURA
  • VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA
  • BIBLIOTECA CREATIVA
  • LECTURAS COMPARTIDAS
  • XADREZ

Accións para mellorar a convivencia, igualdade e coidado do entorno:

  • EQUIPO VIOLETA
  • PATRULLAS VERDES

 

Cada curso traballamos nun proxecto de centro que vertebra diferentes actividades. Ao final do curso (xuño) facemos unha xornada de conviveencia coas familias nas que se pode ver todo o traballado, con obradoiros e exposición dos diferentes cursos.

 

SERVIZOS XESTIONADOS ANPA:

  • AULA MATINAL CON OPCIÓN DE ALMORZO (a partires das 7.30 )
  • COMEDOR (de 14.00 a 16.00)
  • ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (de 16.00 a 17.30)

 

Equipamento e instalacións

 

§  Comedor (150 prazas), de 14:00 a 16:00 horas. Foi inaugurado no curso 2012-2013 é xestionado pola ANPA.

§  Servicio matinal de almorzo "Esperta xogando" dende ás 07:30h

§  Pista polideportiva cuberta.

§  Laboratorio.

§  Biblioteca centro e de aula.

§  Aulas de informática, psicomotricidade, plástica, música, lingua estranxeira, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e relixión católica.

§  Zona de recreo cuberta e independente para educación infantil.

§  Departamento de orientación.

§  Conexión a internet en tódalas aulas,

§  Pavillón de deportes.

§  Aula de audiovisuais.

§  Salón de actos

Amosar
Actividades
Extraescolares

 v  Baile

v  Fútbol

v  Iniciación ao deporte

v  Patinaxe

v  Robótica

v  Xestión emocional

v  Defensa persoal

v  Pintura e debuxo

v  Baloncesto

v  Tenis

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Infantil e Primaria.
Amosar
Outra información de interese

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2026

 

  • Martes 10 de febreiro 2026.

       Sesión de tarde: 17:00 h.

 

  • Mércores 11 de febreiro 2026.

           Sesión de mañán: 10 h. 

 

 

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886120111
  • Email: ceip.illas.cies@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Avda. Castelao, 59. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: Secretaría: Luns, martes e mércores de 09:00 a 09:50 e xoves e venres de 13.15 a 14.00 horas Xefatura de estudos: Luns de 13.15 a 14h, martes de 10.40 a 11.30, mércores e xoves de 9:00 a 9.50 e venres de 9.50 a 10.40 horas (previa cita). Dirección: Luns e martes de 12:30 a 13.15 horas, mércores de 9 a 11.30, xoves de 9.50 a 10.40 e venres de 09:00 a 9:50 (previa cita)
  • Titorías: Martes de 16:00 a 17:00
  • Clases: 9:00 a 14:00 horas
Servizo de comedor

O comedor foi inaugurado no curso 2012-2013.

Ten capacidade para 150 comensais é xestionado pola ANPA .

 

Horario de 14:00 a 16:00

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org