Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP Igrexa-Candeán

CEIP Igrexa-Candeán - centro público

Adscrito ao centro: IES Carlos Casares (O Meixoeiro)

O CEIP Igrexa Candeán é un colexio pequeno e familiar.Contamos con ratios axustadas, polo que podemos ofrecer calidade educativa, unha atención personalizada e atender ás necesidades do alumnado de xeito temperá e adaptándonos ás características de cada neno/a.

Para isto, contamos cun Departamento de Orientación completo, formado polo orientador, a especialista en pedagoxía terapéutica e a especialista de audición e linguaxe.

 

A ubicación do noso centro é privilexiada. Estamos situados preto de parque forestal do Vixiador, de Vigo nature, da cidade deportiva do Celta, da asociación de veciños de Candeán, e ao mesmo tempo moi preto do centro da cidade de Vigo.

Dispoñemos de espazos naturais, pista multi deporte, pista cuberta con escenario, pista de educación vial, varios areeiros, recunchos de xogos de mesa, un xilófono vertical, xogos populares no chan, ...

 

OS NOSOS PRINCIPIOS
Partimos de que  cada un dos nosos alumn@s é único e diferente e tratamos a diversidade como unha oportunidade de aprender e de relacionarse de diferentes xeitos.

Creemos  que a convivencia positiva e o benestar emocional son a base para que os nosos alumn@s se sintan felices e dispostos cara á aprendizaxe.

Tamén pensamos que a participación activa das familias na vida do centro é importante para que toda a comunidade educativa traballe nunha mesma dirección.

 

QUE OFRECEMOS?

Estamos inmersos en diversos programas a nivel de centro:

- PLAMBE. Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares: destinado ao desenvolvemento do Plan lector e ao fomento e gusto pola lectura entre os escolares de todas as idades.

- Clube de lectura.

- Recunchos lectores repartidos por todo o centro e bibliotecas de aula.

- Colaboramos co Concello de Vigo e outras institucións que nos ofrecen obradoiros de sensibilización ao alumnado sobre diversas temáticas: educación vial, drogodepencias, diversidade e identidade de xénero, bulling e acoso escolar, educación ambiental, redes sociais, etc...

- PIE.

- Innovalab

- POLOS + Creativos.

- Oratoria dentro das linguas e de Proxecto Competencial.

- Horta Escolar.

- XOGADE

- Actividades e saídas complementarias (excursións dentro do horario lectivo e extraescolar).

- Departamento de Orientación: aberto a toda a comunidade educativa e formado por orientadora e especialistas de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe. O centro tamén conta con Auxiliar Técnico Educador.

- Sección Bilingüe.

- Auxiliar de Conversa.

- Psicomotricidade e Música en Educación Infantil

- Actívate matinal (antes de entrar para activar mente e corpo)

- Menú musical semanal (o timbre musical varía cada semana)

 

 

 

Equipamento e instalacións

- Servizo de Plan Madruga.
- Biblioteca de aula, así como Biblioteca de centro. (PLAMBE)

- Radio Escolar.

- Recunchos de Lectura.

- Aula de Polos Creativos.
- Instalacións deportivas: ximnasio con rocódromo e unha pista polideportiva exterior.
- Amplas zonas verdes, espazos para o xogo ao aire libre, patio de educación infantil con areeiro e con mobiliario axeitado.
- Patio cuberto.

- Escenario.

- Pista de educación vial para patíns e bicicletas.

- Aulas específicas de inglés e música con moito material propio.

- Aula de PT e AL para o alumnado que precise dunha axuda extra.


Visita virtual polo centro.


 INSTAGRAM do centro.

 

 

Amosar
Actividades
Extraescolares

 

- Iudo

- Baloncesto.

Da A.N.P.A.

· Xestión do comedor escolar.
· Campamento de fin de semana.
· Festa de Fin de Curso.

. Charlas formativas.

-Comida convivencia Comunidade Escolar.

 

Do Concello: "Campamento de Verán"
 

Amosar
Outra información de interese

- Actívate (exercicio físico matinal).

- Menú musical semanal (cada semana o timbre musical cambia de menú).

- Contratos programa PIE e INNOVALAB.

- Voz Natura: Horta e invernadoiro. Ecorretos.

- Corredores Dinámicos.

- Recunchos de lectura.

- Oratoria como materia dentro das linguas e Proxecto Competencial.

- Aula de Polos Creativos.

- PROA +

- PLAMBE.

- XOGADE

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886120037- 886120036
  • Email: ceip.igrexa.candean@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa San Cristovo, 131 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:00 a 9:50 todos os días. 13:10 a 14:00 todos os días.
  • Titorías: Martes 18:00 a 19:00 horas
  • Clases: 9:00 a 14:00 horas
Servizo de comedor

-Amplo, con servizo cátering

- Aula madruga 

- Actividades extraescolares.

 

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org