O colexio García Barbón está situado no centro de Vigo, moi preto da estación de tren de Guixar e do Porto de Vigo.
A principal característica do noso centro é a súa pluralidade e integración. A educación e formación está baseada no respecto, na cooperación, na solidariedade e na tolerancia.
O noso proxecto educativo está basado nos seguintes principios:
O centro dispón de Departamento de Orientación a xornada completa, dúas mestras de Pedagoxía terapéutica e unha mestra de Audición e Linguaxe. Tamén temos auxiliar coidadora para atender ao alumnado con necesidades educativas especiais que así o precise (axuda para a alimentación, o control de esfínteres, os desprazamentos...).
A linguas extranxeiras son impartidas por dúas mestras de lingua inglesa que se encargan de dar clase aos alumnos de infantil e primaria e unha mestra de francés, que traballa cos alumnos que elixan esta lingua (de 3º a 6º de EP) e tamén a asignatura de francés como materia de libre configuración en 4º e 6º de EP.
Música dende a etapa de infantil.
Psicomotricidade en infantil e Educación física en primaria.
Informática e robótica dende infantil.
Ordenadores portátiles (chromebooks) para o alumnado de 5º e 6º de primaria.
Os diferentes equipamentos e instalacións tanto interiores como exteriores do centro son:
As actividades extraescolares que se desenvolven este curso escolar son as seguintes:
(Estas actividades poden sufrir modificacións dependendo da demanda)
AULA MATINAL
O alumnado de infantil e de primaria poderán facer uso deste servicio dende as 7:30 da mañá.
COMEDOR ESCOLAR
Xestión do comedor escolar. Este servicio é ofertado pola empresa ARUME, habendo a posibilidade de solicitar menús adaptados ás necesidades do alumnado con algún tipo de alerxia, intolerancia, etc.
CAMPAMENTO DE VERÁN
Actividades que se levan a cabo durante a última semana de xuño e todo o mes de xullo, sempre e cando teña a demanda suficiente. Posibilidade de comer no centro si se fai uso do servizo friameira.
VOZ NATURA. HORTO ESCOLAR
Xestión das actividades do horto escolar, que se levan a cabo todos os venres durante o curso escolar.
FESTAS
Organización de actividades coa temática do Nadal, festa do entroido e festa de fin de curso.
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO COAS FAMILIAS
Organización da excursión ás Illas Cíes.
Organización das actividades extraescolares.
O CEIP García Barbón participa e leva a cabo diferentes actividades e proxectos de innovación educativa, entre os que destacan:
PLAN DIRECTOR
Actividades organizadas polo Ministerio do Interior, Policía Nacional, que abordan temas como o acoso escolar, o uso de internet e as redes sociais, sobre a violencia sobre a muller e a discriminación...
CONTRATOS PROGRAMA:
- refórza-t. Programa de potenciamento da aprendizaxe e rendemento escolar financiado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. É un programa gratuíto de apoio a alumnos con dificultades nas áreas das linguas e matemáticas. Lévase a cabo polas tardes, catro horas semanais e dúas mañás. A persoa encargada de impartilo é un mestre contratado pola Consellería.
- mellora das competencias clave.
- iguála-t.
- con-vive.
- inclúe-t
- prevención do abandono temperán e o absentismo escolar
- mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.
- mellora da calidade na xestión de centros
PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA: CLUB DE CIENCIA.
Actividade gratuíta que se realiza polas tardes coa finalidade de impulsar a vocación STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) entre o alumnado. Este aprende a través da propia indagación e aprendizaxe colaborativa.
PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA: INTRODUCCIÓN Á ROBÓTICA EDUCATIVA EN PRIMARIA
Actividades de robótica dende infantil.
SECCIÓN BILINGÜE
Impártese educación física en inglés no primeiro curso de primaria.
FARO DA ESCOLA
Proxecto organizado polo xornal Faro de Vigo. O alumnado do centro elabora un xornal escolar onde se recollen algunhas das actividades levadas a cabo polo alumnado do centro.
PLAMBE
A biblioteca escolar forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Participamos tamén nos programas de voluntariado de lectura.
RADIO NA BIBLIO e ESTUDIO CROMA
Estudio de radio escolar e estudio croma. O alumnado desenvolve os seus programas que despois comparten no blog.
FOGGA
Programa do Fondo Galego de Garantía Agraria a través do cal se distribúe no centro, durante os recreos, froita fresca ao alumnado.
Este programa ten unha duración de 20 días lectivos repartidos en dous períodos ao longo do curso escolar.
EDUCACIÓN VIARIA
Actividade organizada pola Policía Local de Vigo que pretende fomentar entre o alumnado do centro hábitos e actitudes que garanticen a prevención de riscos nas vías de usos públicos.
SAÍDAS ESCOLARES COMPLEMENTARIAS
Dentro da programación temos saídas a museos (Museo do Mar, MARCO, VERBUM...), Centro de interpretación das Illas Atlánticas, biblioteca Juan Compañel, teatro, cine...
Servizo de comedor en horario de 14:00 a 16:00