Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP Plurilingüe Frián-Teis

CEIP Plurilingüe Frián-Teis - centro público

Adscrito ao centro: IES República Oriental do Uruguai E.E.I Rúa Aragón

Os principios contidos no Proxecto Educativo de Centro pretenden formar ó noso alumnado como cidadáns e cidadás libre, iguais nos seus deberes e dereitos, participativos na vida social, críticos ante a información e solidarios co seu entorno.

Estes principios concrétanse anualmente no Plan Xeral Anual, aprobado polo Consello Escolar e avaliado ao remate de cada curso.

Como escola sensible ás novidades do mundo en que vivimos, fomentamos a Creatividade, a participación da Comunidade Educativa e o Uso das Novas Tecnoloxías. Formamos parte do Programa ABALAR e o proxecto Edixgal (mochila dixital) desde os seus inicios. 

A Biblioteca constitúe un referente importante na nosa práctica diaria. Somos un centro seleccionado para participar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. No ano 2009 obtivemos o 3º Premio Nacional de Boas Prácticas para a Dinamización e Innovación das Bibliotecas nos centros escolares.

 

No curso 2013 obtivemos o un novo premio Nacional en "Desarrollo de competencias lectroescritoras y audiovisuales" co PDI "A lingua sabe a Pan" organizado desde a nosa Biblioteca.

 

Premio curso 2018 dentro do certame "V concurso a traballos por proxectos" co proxecto de 5º e 6º "Cíes, o noso patrimonio".

Incorporación a proxecto de "Iniciación a robótica en primaria"

 

Dende o curso 2018/19 somos colexio Plurilingüe contando con auxiliar de conversa dende a etapa de Educación Infantil.

 

Formamos parte dos seguintes programas dentro de "Proxecta": Máis e mellor actividade física, PROA+, Proxectos de innovación educativa (PIE), e programas InnovaLab ( matemáticas e lectoescritura).

 

Contamos cunha comisión de Convivencia Positiva no centro formada por mestres e Consello de nenos e nenas, onde os aspectos relacionados coa convivencia positiva e a inclusión son eixes fundamentais do noso centro. Son moitas as actividades levadas a cabo en este eido  como actividades de servizo, actividades de resolución de conflictos , dinámicas de inclusión...

 

Equipamento e instalacións

Patio de 6.900 m2 aproximadamente (deles 700 m2 de patio cuberto para infantil e un patio cuberto para primaria de recente construcción no 2023)
Instalacións deportivas: pista de baloncesto, pista de mini-básquet, pista de fútbol sala e ximnasio.
Biblioteca informatizada con programación de Actividades de Formación de Usuarios, Formación Documental e Animación á Lectura. Participación en diferentes programas de Biblioteca Escolar : Lectura e familias, voluntariado, mochilas viaxeiras, Radio escolar e Biblioteca Creativa. 
Pizarras dixitais, ordenadores e conexión a internet en todas as aulas. Nos cursos de 5º e 6º de primaria o centro conta con Edixgal híbrido. 

4 aulas Abalar (miniportátil por alumno/a con posibilidade de levalo a cas a diario, pizarra dixital, canón de vídeo, portátil posto do mestre e conexión wifi).

Equipamento de robótica e espazo maker con diferentes xogos de construcción, robótica, xogos de mesa, lóxica... r
Horto escolar con unidade de compostaxe. 
Comedor Escolar.
Departamento de Orientación. Comisión de convivencia. 
Aula de pedagoxía terapéutica e de Audición e Linguaxe.

Horto escolar
Aula de Música.

Amosar
Actividades
Extraescolares

 Variedade de actividades extraescolares dende os 3 anos: visitas e saídas dacordo cos proxectos que se desenvolven anualmente no Centro.

Da A.N.P.A.

A ANPA colabora activamente na vida cotiá do Centro, participando nas distintas propostas suxeridas polo Profesorado ou o Equipo Directivo.
A ANPA xestiona os servizos de Comedor (na modalidade de cátering)
Aula Matinal ( 7:30-9:00) e Actividades Extraescolares.

Ludoteca ( 16:00-18:00)
A oferta de Actividades Extraescolares durante este curso é:
Taekwondo.
Natación ( Piscina de Lavadores 2 días á semana)
Ximnasia Rítmica.
Pintura e Debuxo.
Xogos en Inglés.
Guitarra 
Multideporte 

A ANPA colabora e participa en FOANPAS, Asociación de Veciños de San Xoán, Asociación de Veciños de Teis, e no Plan Comunitaria ademais de ter unha colaboración estreita en todas as actividades co centro educativo. 

 

 

Comunitario de Teis.

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Educación Infantil e Primaria
Amosar
Outra información de interese

Aula Matinal de 7:30 a 9:00 h e servizo de Ludoteca de 16:00 a 18:00.
Participación en Proxectos de Inmersión lingüística e Seccións bilingües (educ. Plástica) en lingua inglesa.

Edixgal, libros dixitais en 5º e 6º a través do porgrama da Consellería de Educación.
Celebracións: Samaín, Magosto, Día da Paz, Entroido, Día do Libro,
Letras Galegas, Festa fin de proxecto.
Saídas culturais : concertos, exposicións, rutas pola cidade,...
Escola de familias. Actividades de participación e charlas para as familias.

 

 

Amosar
Novas do centro
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 120 160 (secretaría)/ 886 120 163 (sala de mestres/as)
  • Email: ceip.frian.teis@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Gonderán, 42. 36206 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 8:30 a 14:00 horas, e os martes, de 16:00 a 18:30 horas (flexible, se é preciso)
  • Titorías: Martes pola tarde e sempre que se solicite cita
  • Clases: 8:50 a 14:00 horas
Servizo de transporte

 Non hai servizo de trasporte escolar. 

Servizo de comedor

Servizo de Comedor Escolar de 14:00 a 16:00 horas

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org