Centro situado no importante núcleo urbano da zona residencial e comercial da Praza de América, xunto aos edificios dos Xulgados e Facenda. Conta cunha superficie de 10.413 m2, con xornada continuada de 9 a 14 horas e cun total de 450 prazas.
O seu proxecto educativo salienta a promoción de cidadáns libres e solidarios facendo ao alumnado protagonista da súa propia educación. Xira ao redor dos valores da convivencia, a participación e a cooperación de todos os implicados para permitir os principios básicos da educación que promove a LOE: calidade de educación para todo o alumnado, equidade que garante a igualdade de oportunidades e esforzo compartido por todas as persoas compoñentes da comunidade educativa. Valora que todo o alumnado desenvolva as competencias básicas que o permitan encamiñar cara ao logro dunha formación integral, tanto na súa vertente persoal coma nas demandas sociais e culturais, para que faciliten a continuación dos estudos e, posteriormente, a inclusión na vida laboral, pero sempre coa asunción da necesidade de aprender ao longo de toda a vida.
Conta cun equipo de 29 profesores cunha gran capacidade de traballo, de afán de superación e involucrados no proceso de mellora da calidade de educación.
No aspecto de innovación educativa estanse a desenvolver os seguintes proxectos e plans anuais: plan lector, plan TIC, plan de convivencia, plan de orientación e atención á diversidade, os Contratos-programas (na modalidade de reforzo, orientación e apoio para o 2º e 3º Ciclo de Primaria), plan de autoprotección e seguridade, plan de adaptación do alumnado novo, sección bilingüe en inglés no terceiro ciclo de Educación Primaria e proxecto de interteatro (intercambio escolar de teatro escolar). Tamén EDUCACIÓN RESPONSABLE e o programa artístico da E MUSE. Publica a revista escolar "CONTACTO CHOUZO", conta con facebook (ceip Emilia Pardo Bazán Vigo) e instagram #chouzovigo, onde somos moi activos e compartimos o noso día a día.
As súas linguas vehiculares son o galego e o castelán, e impártese inglés dende os tres anos.
Pioneiros en ofrecer servizos educativos complementarios oferta un total de 210 prazas de comedor xestionado polo propio centro e subvencionado pola Xunta de Galicia. E coa colaboración da ANPA, oferta dous obradoiros de 7.45 a 9.00 h. e de 14.00 a 15.00 horas. Tenta así unha visión da escola non só como transmisora de coñecementos senón tamén como formadora e coidadora do benestar de todo o alumnado.
Conta con dúas bibliotecas totalmente reformadas e dende o curso 2007/2008 participa no programa de mellora de bibliotecas escolares da Consellería de Educación.
O curso 22/23 inahugura un aula de informática nova con 25 postos escolares e un para o profesorado en colaboración coa asociación PAIDEIA. Convertíndose no primeiro centro de Vigo con esta dotación.
A ANPA colabora co centro na tarefa educativa e programa, ao comezo de cada curso escolar, un amplo cadro de actividades: informática, cerámica, patinaxe, xadrez, etc. Organiza os obradoiros de xogos da mañá, do mediodía e os campamentos nos períodos vacacionais e festas nas que participamos toda a comunidade.
Centro aberto á contorna, colabora coas iniciativas formativas locais que se propoñan a través dos diversos colectivos e organizacións: centros de formación, asociacións, sindicatos, etc.
· Comedor de 210 prazas en dúas quendas.
Horario de 14:00 a 16:00 h.
· 2 Bibliotecas (Infantil e Primaria) con servizo de préstamo.
· Instalacións deportivas: ximnasio, pista polideportiva cuberta e pista polideportiva descuberta.
· Aulas: 1 aula de música, 2 aula de inglés, 2 aulas de informática, 1 aula de actividades artísticas ou laboratorio e un salón de actos. Dispoñemos tamén de 1 aula de psicomotricidade, 1 de audición e linguaxe, 1 de pedagoxía terapéutica, 1 de grupos de apoio e departamento de orientación.
· 2 patios descubertos, 1 cuberto e xardíns.
· Obradoiro de xogos (servizo de canguros). Horario de 7:45 a 9:00 horas e de 14:00 a 15:00 horas.
· Organización de campamentos en todos os períodos vacacionais.
· Taller de Xogos.
· Danza Moderna.
· Expresión Musical.
· Futbiño.
· Informática e Robótica.
· Iudo.
· Patinaxe.
· Pintura.
· Taekwondo.
. Ximnasia Rítmica.
. Iniciación Atlética.
. Predeporte.
. Predeporte.
O profesorado segue a formarse. Neste cursos estamos centrados na educación activa (patios vivos, createctura...) e nas aulas virtuais.
O noso equipo de infantil e primeiro ciclo de primaria está moi orientado ás pedagoxías activas e vivas.
Conta con servizo de comedor de xestión indirecta dependente da Consellería de Cultura, Educación e O.U., para 210 prazas. O horario é de 14.00 a 16.00 horas dividido en dúas quendas de comidas.