MATRÍCULA ABERTA PARA O PRÓXIMO CURSO 2021/22
Este ano coa actual situación sanitaria provocada polo Covid-19 e as medidas e protocolos existentes se levarán a cabo xornadas de portas abertas individualizadas desde o 1 de Febreiro concertando unha cita previa chamando ao teléfono 886120261.
O CEIP Eduardo Pondal é un colexio público sito no barrio de Sampaio, estamos a tres minutos do Calvario e a cinco minutos de zonas de Vigo tan coñecidas como a travesía de Vigo ou Ramón Nieto. Tamén estamos preto de toda a Avenida do Peinador xa que estamos ao comezo da mesma. O colexio ten unhas instalacións espectaculares, tanto interiores como exteriores, cuns grandes patios e campos de xogo, ademais de patio cuberto, e aulas totalemente equipadas, todas elas con pizarras dixitais. Tamén temos aulas propias das áreas de inglés, que se imparte dende os tres anos, aula de música e ximnasio propio todas elas co material necesario para levar a cabo as diferentes clases e sesións, ademais de contar cunha ampla biblioteca e aula de informática.
Entendemos a educación como un proceso de desenvolvemento das capacidades de cada alumno e alumna, calqueira que estas sexan; por iso todos e todas teñen cabida, todos aportan e todos intercambian as súas experiencias e os seus descubrimentos, vivencias, inquietudes, interrogantes... por iso o noso método de aprendizaxe e activo e interactivo, cunha organización flexible da escola e das clases facendo do alumnado o auténtico protagonista do proceso de aprendizaxe. Por iso temos como ideal no CEIP Eduardo Pondal unha ensinanza moderna, activa, creativa, globalizadora, plural, multicultural e integradora.
O mellor non é contalo, o mellor e vir a coñecelo e descubrir que Vigo ten dentro da súa gran urbe unha escola en plena natureza na que se respira aire puro e fresco e unha educación innovadora adapatada ao século XXI. Non escollan outro colexio para os seus fillos e fillas sen antes coñecer o CEIP Eduardo Pondal, estaremos encantados de atendelos.
Entre os diferentes espacios exteriores e interiores destacan:
Organiza e xestiona, en estreita colaboración co equipo directivo do colexio, as distintas actividades extraescolares, o comedor e o plan madruga.
O CEIP Eduardo Pondal participa e leva a cabo diferentes actividades e proxectos de innovación educativa, entre os que destacan:
Non hai servizo de transporte escolar, inda así o colexio é de fácil acceso en coche con comodidade e facilidade para deixar e recoller aos alumnos e alumnas, sen atascos e dobres filas, tanto na xornada lectiva coma para o comedor e as actividades extraescolares. Tamén ten fácil acceso a pé para as familias do barrio de Sampaio xa que o colexio dispoñe de dúas entradas, unha pola Rúa Rosal Florido e outra pola Rúa Cabalaria.
Comedor Escolar en horario de 14:00 a 16:00 horas. O horario de recollida do alumnado que asiste ao servicio de comedor e flexible e pode facerse entres as 15:00 e as 16:00 horas.