Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP Carrasqueira

CEIP Carrasqueira - centro público

Adscrito ao centro: IES Coruxo

Máis de 30 anos formando xeracións de alumnos/as de Coruxo e dunha ampla zona de Vigo, en especial do Ensanche, Coia, Fragoso, Florida, Polígono de Navia... aproveitando o servizo de transporte escolar mediante desprazamento propio. Se vostede se atopa na crucial decisión de escolarizar o seu/súa fillo/a ou cambiar de centro, aparte da breve información contida nesta guía aconsellámoslle: Visítenos en horario de 9:00 a 18:00 h e coñeza as nosas instalacións e servicios informándose sobre a nosa liña educativa. Contacte con familias que teñan alumnos/as no centro. Son o noso principal aval e a súa mellor fonte de información crítica.

O noso horario é de xornada única (de 9:10 a 14:10 h).

Temos un proxecto de anticipación do inglés que comeza en educación infantil e continua en educación primaria. A música e a educación física impártense desde educación infantil e, a materia de informática, en toda a primaria. Temos unha intensa actividade cultural: celebracións festivas, exposicións, saídas e elabórase a revista escolar "A Lansadeira".
Equipamento e instalacións
· 400 adicados a cociña e comedores, subvencionados pola Xunta. O horario do comedor é de 14:10 a 15:40 h.
· Laboratorio e aula de plástica.
· Dúas aulas de idiomas con equipamento audiovisual.
· Ximnasio con 200 de sala e outras dependencias anexas.
· Dúas pistas polideportivas
· Aula de informática cun dos mellores equipamentos da cidade.
· Nova biblioteca: 100 para a promoción da lectura nos que se inclúe zona multimedia, internet...
· Aula de educación especial equipada informaticamente.
· Aula de Audición e Linguaxe.
· Parque infantil.
· Departamento de orientación.
· Aula de música: 100 con área específica para coreografías e danza.
· Todo nun enclave de 10.000 m2 de zona axardinada.
Amosar
Oferta educativa
Regulada
Educación infantil e Educación primaria.
O noso centro participa do programa de Educación responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e creatividade. Contratos Programa Innovate e Incluete, Plan Proxecta (Fitofaladoiro, Donas de si, Salvavidas), Voz Natura, Plan de Mellora de bibliotecas Escolares...
Non regulada
Actividades da A.N.P.A do Ceip Plurilingüe da Carrasqueira.:
- Aula de madrugadores.
- Actividades Extraescolares.
Amosar
Actividades
Da A.N.P.A.
As actividades extraescolares do noso centro están organizadas e xestionadas pola ANPA. Desenvólvense das 16:00 ás 17:45 h.
No último curso lévanse a cabo actividades de atletismo, judo, ximnasia rítmica, debuxo, fútbol sala, danza moderna, baile galego, karate do, informática e natación.
Colabora e coorganiza as festas do colexio: Magosto, Nadal, Entroido e a de final de curso que se celebra nun dos primeiros sábados do mes de xuño.
Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 12 01 91
  • Email: ceip.carrasqueira@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Carrasqueira, s/n. Coruxo. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:10 a 10:00 horas
  • Titorías: Martes de 16:00 a 17:00
  • Clases: 9:10 a 14:10 horas
Servizo de transporte
Liña1: García Barbón, Pi i Maragall, López Mora, Avda. Castrelos, Portanet, Ricardo Mella.
Liña 2: B. Aires, Travesía de Vigo, Pizarro, Gran Vía, Avda. Castelao, Pau Navia, Ricardo Mella.
Liña 3: Balaídos, Fragoso, Florida, Estrada de Camposancos.
Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o twitter do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org