O colexio está rexido por proxecto educativo de centro, aprobado polo Consello Escolar, que se concreta cada ano nunha programación anual na que constan as actuacións do claustro e da ANPA.
As ideas básicas do proxecto educativo son:
Fomentar a educación do alumnado na liberdade e solidaridade, a convivencia democrática e o respecto aos dereitos e liberdades fundamentais para conseguir persoas e cidadáns responsables.
Desenvolver unha actitude crítica ante os acontecementos.
Desenvolver actitudes e hábitos de cooperación mediante o traballo en equipo.
Sensibilizar ao alumnado cara a cuestións cívicas, culturais e artísticas.
Potenciar un ensino activo no que se desenvolvan a iniciativa e a creatividade.
Conseguir que as nais e pais do alumnado se sintan implicados directamente na educación dos seus fillos.
Potenciar o uso do galego para conseguir a súa plena normalización.
O centro participa en varios programas da Consellería de Educación:
-Programa de Innovación Educativa "Introducción á robótica educativa en primaria" impartindo robótica como asignatura de libre disposición en 4º e 6º de primaria. Este curso non está operativo por mor da pandemia, pasando a desenvolverse un programa de reforzo na materia de libre disposición de 4º e 6º.
-Contratos-programa (instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan de mellora, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, potenciar, de forma prioritaria, o desenvolvemento das competencias clave, mellorar a convivencia, promover a igualdade de xénero e a inclusión, mellorar a competencia socioemocional e promover a actividade física, así como proporcionar atención educativa para a compensación de desigualdades na educación)
-Edixgal (uso de libros dixitais nas aulas de 5º e 6º).
Biblioteca con servizo de préstamos (este ano non abre polas tardes) e actividades de animación á lectura.
Salón de actos con capacidade para 150 persoas.
Laboratorios para as clases de coñecemento do medio natural.
Instalacións deportivas: campo de voleibol, campo de futbito, dous campos de baloncesto, zona de xogos populares, zona de area e ximnasio. Aprobada, para este verán, a construcción dunha pista cuberta.
Conta con aulas de inglés e música.
Vídeo proxector e Internet en todas as aulas. Ademáis o centro conta cunha aula de informática con ordenadores, tablets e robots educativos.
Dispón tamén de aula de psicomotricidade, educación especial, audición e linguaxe e pedagoxía terapéutica.
Patio de 3.500 m2
Patio cuberto de 600 m2
Xardín
Servizo de gardería
ESte ano, debido á situación coa pandemia, non hai actividades extraescolares.
A ANPA do centro xestiona o comedor escolar. e o servizo de gardería-aula matinal. Este curso non xestiona as actiividades extraescolares, pois non hai debido á situación coa COVID.
Emociomartes: educación emocional sistemática para todo o alumnado do centro, o mesmo día, dúas veces o mes, en todos os cursos do centro.
Elaboramos e levamos a cabo un proxecto de "Patios dinámicos" para facer do patio de recreo un lugar inclusivo tendo en conta a todo o alumnado.
Traballamos as "Matemáticas manipulativas" en todos os cursos do centro.
Espazo-familia: escola de pais/nais do Ceip Balaidos con talleres mensuais (este curso non activa, pola pandemia)
Edítase unha revista escolar na semana das Letras Galegas.
Fomento das tecnoloxías aplicadas a la educación tales como dispositivos móbiles, tabletas, pdi e robots.
Conta cun proxecto de autoprotección.
Programa de Educación en valores e Convivencia escolar.
Comedor con empresa de cátering (ARUME) levado pola ANPA.