Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEE Saladino Cortizo

CEE Saladino Cortizo - centro público

O centro sitúase na rúa Carballal, 60, na parroquia de Cabral. Este centro escolariza a alumnos/as en idades comprendidas entre os 6 e 21 anos e ten como obxectivo acadar o pleno desenvolvemento do alumnado en todas as súas facetas, traballando aspectos intelectuais e habilidades da vida cotiá.

Para acadar este obxectivo dispomos dos seguintes recursos:
- Mestres especialistas en Pedagoxía terapéutica

- Mestres especialistas en Audición e Linguaxe

- Mestres especialistas en Educación Física

- Mestre especialista en Educación Musical

- Mestres de taller: Reprografía, Carpintería, Peiteado, Xardinería e Lavandería

- Orientador

- Fisioterapeuta

- Enfermeira

- Coidadoras/es para atender ás necesidades básicas dos/ as nenos/as

- Conserxe

- Persoal de cociña e comedor

- Persoal de limpeza

Equipamento e instalacións

· Comedor de xestión directa.
· Biblioteca.
· Salón de actos.
· Instalacións deportivas: ximnasio, campo de fútbol e patio de recreo con canastras.
· Aulas de audición e linguaxe, vídeo, informática, multisensorial, fogar (na que o alumnado aprende destrezas e habilidades da vida cotiá), biblioteca escolar (na que se traballa a animación á lectura), marquetería, papel...

 


 

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Primaria, secundaria, tránsito a la vida adulta y programas formativos de FP básica.
Amosar
Actividades
Extraescolares

Temos as seguintes actividades extrescolares en horario lectivo:

 

Actividades deportivas: o alumnado de Centro, sempre dentro das súas posibilidades, participa nas actividades deportivas organizadas por FGDA, no cal participa un grupo de rapaces/rapazas de 2º ciclo, TVA e FPB.

 

Piscina: 29 alumnos/as do centro asisten voluntariamente a esta actividade que se leva a cabo na Piscina Municipal de Lavadores, durante os meses de Outubro a Maio, dentro do horario escolar, os venres de 10:30 a 12:15, sendo acompañados por persoal do Centro. O horario de permanencia na piscina é de 11:00 a 11:45. O medio acuático é un "elemento favorable" para estimular novos patróns de movementos, potenciar as capacidades físicas e axudar no proceso que conforma a súa evolución.  Ademais de estas aportacións motoras, a auga exerce un influxo importante nos aspectos do desenvolvemento social,  terapéutico e psicomotriz.

 seguridade nun mesmo. Por todo o anterior, súmase unha mellora da comunicación e expresión das persoas. 

Da A.N.P.A.

A ANPA é socia de Fadenga e organiza actividades de ocio e tempo de lecer.

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • Educación Especial
  • Programas Formativos de Formación Profesional Básica
  • Tránsito á vida adulta
Datos de contacto
  • Tlf: 986 288 188
  • Fax: 986 487 650
  • Email: cee.saladino.cortizo@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Carballal, 60. 36318 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:30 a 14:30 horas
  • Clases: 9:30 a 15:30
Servizo de transporte

O centro escolariza a alumnos/as con necesidades educativas especiais da cidade e zonas limítrofes. Así, ten alumnado de Mos, Redondela, Nigrán, Marí, Gondomar, Porriño, Ponteareas, Salvaterra de Miño, A Cañiza, Salceda de Caselas e da comarca do Morrazo: Domaio, Bueu, Moaña e Cangas; cos seus respectivos transportes.   

 

 

Servizo de comedor

O centro ten servizo de comedor para todo o alumnado. Este servizo é de xestión directa.

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org