Aula Hospitalaria creada no ano 2015 para atender ás nenas e nenos ingresados no Servicio de Pediatría do hospital Álvaro Cunqueiro, chegando tamén puntualmente ao alumnado internado nalgunha outra planta , para o que conta con dous postos docentes.
Dende o curso 2020/21 é a maiores a sede da Atención Educativa Domiciliaria, cun equipo docente variable en función das necesidades, que funciona en estreita coordinación cos centros educativos de referencia do alumnado.
Os obxectivos fundamentais son, entre outros:
- Aminorar o impacto da hospitalización nas nenas e nenos mediante a implementación dun ambiente lúdico e emocionalmente acolledor.
- Afianzar a continuidade da escolarización mediante o apoio curricular/académico, normalizando na medida do posible as circunstancias que lles impiden unha escolarización ordinaria.
Aula con obradoiros múltiples , Biblioteca e baño incorporado.
Sala de mestres.