Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP Otero Pedraio

CEIP Otero Pedraio - centro público

Adscrito ao centro: IES Beade

Somos un  centro con máis de 50 anos de experiencia. Estamos ubicados no sur da cidade de Vigo, na intersección das parroquias de: Castrelos, Beade, Matamá e Valadares, a poucos minutos da Praza América, nas Travesas, e do novo hospital Álvaro Cunqueiro.

O Proxecto Educativo do noso Centro Escolar ten como principios xerais:

- Educar boas persoas nun ambiente escolar que logre a satisfacción de todos os membros da Comunidade Educativa.

- Promover a implicación de toda a Comunidade Educativa na vida do Centro

- Ser unha escola que innove, apoiándose na competencia profesional dos seus membros e nos recursos adecuados, para conseguir unha educación integral de todos e cada un dos alumnos e alumnas.

- Promover un clima de compañerismo, axuda, disciplina e orde.

- Fomentar o gusto por aprender, a responsabilidade e a convivencia.

- Incentivar a tomar de decisións, a colaboración, traballo en equipo e a autonomía do alumnado a través de Proxectos que levamos a cabo a nivel de centro.

- Coñecer e relacionarnos co noso entorno contribuíndo a súa mellora dentro das nosas posibilidades.

- Visitas escolares para coñecer a realidade da nosa contorna.

- Realización de celebracións tradicionais: magosto, entroido, maios...

- Promoción das celebracións sociais e ecolóxicas: día da paz, día do libro, letras galegas, día do medio ambiente...

- Contribuir ao desenvolvemento de hábitos de vida saudables (participamos no Proxecto Froita na escola).

- Atender a todas as necesidades do alumnado, por eso paticipamos en diferentes programas educativos como o PROA.

- Desenvolver o gusto pola lectura e o uso da biblioteca, que está remodelada e funciona durante os recreos.

- Comprender a sociedade dixital na que vivimos, interactuar con ela e coñecer os seus riscos.


PODES COÑECERNOS MÁIS DETALLADAMENTE NA NOSA WEB: CEIP Otero Pedrayo Vigo.

Equipamento e instalacións

O noso centro conta coas seguintes intalacións:

- Baño propio dentro das aulas de Educación Infantil.

- Comedor escolar de recente apertura.

- Biblioteca de centro actualizada.

- Ximnasio-Auditorio.

- Salón de Actos.

- Aulas Especificas: aula de inglés, aula de plástica, aula de Música e Psicomotricidade, aula de Audición e Linguaxe, aula de Pedagoxía Terapéutica, aula de informática (con Pizarra Dixital Interactiva), aula-taller cunha pequena cociña, aula de convivencia.

- Pista Polideportiva exterior.

- 2700 m2 de patio para educación primaria.

- Parque infantil con areeiro, casiñas, tobogán e xoguetes.

- Amplas zonas axardinadas.

- Despachos, departamento de orientación, e zonas de reunión.

Amosar
Actividades
Extraescolares

As actividades extraescolares do noso centro están xestionada pola ANPA.

Desenvólvense todos os días da semana en horario de 16:00 a 18:00 (según a actividade que sexa).

Contamos coas seguintes actividades, que poden variar en función do grupo que se forme:

            - Baile moderno.

            - Natación.

            - Fútbol sala.

            - Taekwondo.

            - Inglés.

            - Pintura.

            - Patinaxe.

            - Robótica.

            - Ximnasia Rítmica.

 

Da A.N.P.A.

Ademais a ANPA organiza outras actividades complementarias como:

- Degustación de froitos de outono.

- Visita dos Reis Magos ou Papá Noel.

- Colabora nas celebracións que realizamos a nivel de centro.

- Axuda a decorar os corredores en diferentes épocas do ano.

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Unha liña de 2º ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos).

Unha liña de Educación Primaria (de 6 a 12 anos).
Non regulada
Servizo de AULA MATINAL (Plan Madruga) dende as 7:30h, durante o que realizan diferentes actividades, manualidades, xogos...
Amosar
Outra información de interese

Durante o curso realizamos diversas actividades complementarias: saídas, obradoiros, conmemoración de datas sinaladas...

 

Levamos a cabo un proxecto a nivel de centro. Este ano é "Mulleres con pegada" a través do que o alumnado vai coñecendo a diferentes mulleres que desenvolveron un papel importante no mundo. Aproveitamos o proxecto de centro para traballar de forma cooperativa entre os diferentes grupos do colexio.

 

Contamos cun programa de radio escolar, que elabora o alumnado e poden escoitalo dende casa a través da web do colexio.

 

Así mesmo, na Educación Infantil traballan por proxectos durante todo o ano, e relacionan estes proxectos co proxecto anual de centro.

 

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Novas do centro
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886120257
  • Fax: 886120258
  • Email: ceip.pedraio.vigo@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Ramiro Pascual, 9. As Carneiras. 36213 Matamá-Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: De luns a venres de 9:00 a 10:00 horas.
  • Titorías: Os martes de 16:00 a 16:45 horas.
  • Clases: 9:00 a 14:00 horas
Servizo de transporte

Contamos con 3 liñas de transporte gratuítas:

- Liña 1: Praza do Rei (Concello)-Camelias-Travesas-Castrelos-Colexio.

- Liñas 2: Florida-Parque de Castrelos-Saa-Colexio.

- Liña 3: Cruce de Castrelos con Matamá-Valadares-Colexio.

Podes consultalas en detalle nesta ligazón: liñas de bus.

Servizo de comedor

14:00 a 16:00 horas.

Mensualmente informamos dende o Facebook do cole do menú que haberá cada día.

Ten capacidade para 80 alumnos en dúas quendas.

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org