Somos un centro aberto á participación das familias e institucións locais, propoñéndonos impartir unha educación de calidade que non se queda só na instrucción, senón que tenta de transmitir valores como a coeducación, a responsabilidade, a autoestima e a convivencia. O profesorado, a través da titoría e da orientación, presta unha atención individualizada que permite a cada nena ou neno desenvolver ao máximo posible dentro das súas posibilidades. Para esta tarefa, conta coa corresponsabilidade das familias, coas que realiza un traballo compartido.
O centro celebra as seguintes conmemoracións: Magosto, Samaín, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día da Muller Traballadora, Día do Libro, Semana das Letras Galegas e Festa da Cereixa, entre outras.
Impártense os programas habituais en educación infantil e primaria.
Introdúcese a lingua inglesa desde a etapa de Educación Infantil e toda Primaria.
Por outra banda, o noso centro imparte seccións bilingües na materia de ARTS desde 1º a 6º de Educación Primaria, contando cunha persoa nativa como a auxiliar de conversa ao longo de todo o curso.
Dende hai uns anos o noso centro conta con dúas novas aulas innovadoras, a aula STEAM e aula de cociña coas cales pretendemos achegar aos nosos alumnos/as a unha nova metodoloxía educativa manipulativa. A maiores, grazas aos grandes espazos verdes cos que conta o noso centro podemos achegarnos á natureza e estar en contacto con ela mediante a horta escolar, o estanque...
Resaltar que o noso centro implantou o traballo por ámbitos de aprendizaxe un día a semana, onde os nenos e nenas de diferentes idades traballan mesturados en grupos pequenos abarcando os seguintes ámbitos: STEAM, Club de Letras e Natural e Social.
A nosa filosofía educativa baséase na integración, cooperación e experimentación do noso alumnado.
Comedor.
Programa "Madruga" que recolle ós nenos desde as 7:30h.
Biblioteca con servizo de préstamo e actividades de animación á lectura.
Programa de atención para os alumnos e familias que se incorporan ó centro por primeira vez.
Ampla zona axardinada, patio cuberto, patios exteriores de grandes dimensións e areeiro infantil.
Ximnasio e tres pistas polideportivas.
Aulas específicas para música, informática, inglés, psicomotricidade, plástica, pedagoxía terapéutica, logopedia, audiovisuais e orientación.
Aulas dixitalizadas con PDI.
Aula STEAM.
Aula de cociña.
Horta escolar.
Aula Covid-19.
Inglés lúdico.
Zumba.
Ximnasia rítmica.
Breackdance.
Skate.
Hóckey.
Fútbol.
Predeporte.
Taekwondo.
Patinaxe.
Robótica.
Francés.
Xadrez,
Charlas pedagóxicas.
Cursiños de formación sobre novas tecnoloxías.
Música tradicional.
Animámosvos a visitar a nosa páxina web e as nosas redes sociais.
Para máis información, non dubidedes en contactar co centro.
Unha liña que discurre pola parroquia, que chega ata Saa do Monte, pasando polas estradas de Porto, da Venda e de Ramiro Pascual.
PARADAS: Saamonde 77, Seixo 120 (Parque), Ramiro Pascual 25 (cruce de Babio), Venda 360 (Residencia), Falcoido 15, Quintián, Porto 37.
O centro dispón de comedor, en dous turnos de 90 prazas. Está coordinado pola ANPA. Para mais información, dirixirse á súa web: http://www.blogoteca.com/anpacoutada/