Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioRede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Vigo

Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Vigo - Curso 2020/21

Benvida/o á páxina da Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Vigo.

En relación á convocatoria do vindeiro curso 2020/2021, na columna da dereita podes consultar toda a información nos correspondentes arquivos PDF.


Calendario do procedemento de admisión e matrícula para o curso escolar 2020/2021 nas EIM do Concello de Vigo

En relación aos prazos establecidos para a presentación das solicitudes de praza nas escolas infantís municipais para o curso 2020-2021 e en función do indicado no punto Segundo da Resolución de Alcaldía de 15 de marzo de 2020 e demais normativa de aplicación, relativas ás medidas adoptadas para minimizar o risco de contaxio polo coronavirus Covid-19, comunícase que os prazos para a tramitación destas solicitudes quedan interrompidos ata, cando menos, o día 12 de abril, momento no que, en principio, se reanudará o prazo que agora se interrompe.
Permanecerá, en todo momento, aberta a posibilidade de facer a solicitude telemática.
Para a súa tranquilidade e seguridade, mantéñase atento ás comunicacións oficiais das autoridades.

Resolución de Alcaldía de 15 de marzo de 2020
Punto Segundo. De conformidade co disposto no Real Decreto 463/2020, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos administrativos municipais. O cómputo dos prazos reanudarase no momento no que perda vixencia o citado Real Decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

Solicitudes de praza de novo ingreso Do 9 ao 27 de marzo de 2020 (ambos inclusive)
Publicación das listas provisionais de admisión 15 de maio de 2020
Prazo de reclamacións Do 16 ao 21 de maio de 2020 (ambos inclusive)
Publicación das listas definitivas de admisión 3 de xuño
Formalización de matrícula para as
solicitudes admitidas
Do 8 ao 18 de xuño de 2020 (ambos inclusive)
Formalización de matrícula para as
solicitudes admitidas da lista de espera
Do 16 ao 19 de xullo (ambos inclusive)



SOLICITUDE DE PRAZA DE NOVO INGRESO

Deberá cubrir o seguinte Formulario de Solicitude e, posteriormente, escoller un dos seguintes procedementos:

  • a) Solicitude presencial: imprimir o arquivo PDF resultante, asinalo e, xunto coa documentación requerida, presentalo físicamente no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
  • b) Solicitude telemática: se dispón de sinatura dixital, poderá asinar dixitalmente o Formulario de Solicitude e acceder ao procedemento “Solicitude de praza nas escolas infantís municipais” na Sede Electrónica do Concello de Vigo ( vigo.org/solicitude-eim ), onde deberá incorporar o arquivo PDF resultante do Formulario de Solicitude, así como a documentación requerida, e pulsar tramitar; poderá descargar entón o xustificante do Rexistro.
    Pode obter axuda sobre como asinar un documento PDF coa sinatura dixital picando aquí.

Tamén deberá aportar a documentación esixida. Pode facelo presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, ou pode adxuntala a través da páxina escolas.vigo.org/eim-adxuntar-doc, introducindo o seu número de solicitude e máis ún dos NIF/NIE proporcionados na solicitude.

  • Todos os datos do formulario son de cumprimentación obrigatoria, agás o correo electrónico, e nos casos de familias monoparentais onde so é necesario cubrir os da nai/titora ou do pai/titor.
  • Se o neno/a aínda non naceu, introduza a data estimada de nacemento.
Escola que solicita por orde de preferencia Seleccionar unha ou dúas opcións
Datos do/a neno/a
Datos do/a nai, pai ou titor/a legal
Quenda que solicita
Mañá (de 7:30 a 15:45 h) Tarde (de 16:00 a 20:00 h) Contínuo (só dispoñible para a EIM Costeira de Saiáns)
Situación socio familiar
Indicar o número de membros que compoñen a unidade familiar:
Indicar o número de membros que, non formando parte da unidade familiar estean a cargo desta:
Indicar o número de membros da unidade familiar afectados por discapacidade:
Marcar no caso de que a/o nena/o para a/o que solicita praza nacese dun parto múltiple:
Marcar no caso de ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais:
Marcar no caso de familia monoparental:
Marcar no caso de familia numerosa:
Marcar a situación laboral:
  NAI PAI
Ocupación laboral
Desemprego
RISGA
Ningunha
Oposición á comprobación de datos da renda Para a puntuación das solicitudes, é necesario contar cos datos da renda da unidade familiar, que se solicitarán á Axencia Estatal de Administración Tributaria.
No caso de que se opoña a esta consulta, deberá indicalo a continuación, e nese caso terá que achegar unha copia da declaración (ou declaracións) da renda da unidade familiar.
Declaración responsable do solicitante A/s persoa/s solicitante/s declara/n baixo a súa responsabilidade que todos os datos contidos nesta solicitude son certos.

ADVÍRTESELLE que a falsidade de calquera dato imposibilita para continuar o procedemento, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbese lugar (art. 69-4 Lei 39/2015, de PAC das AAPP).
Protección de datos
Os datos persoais recollidos no formulario normalizado de solicitude de praza, indispendables para a xestión desta convocatoria, incorporaranse a un ficheiro para os exclusivos efectos da xestión deste procedemento en cumprimento do disposto na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

O Concello de Vigo ten a condición de responsable destes datos. A lexitimación do tratamento dos datos está baseada no consentimento expreso das persoas interesadas na solicitude de praza na Rede de escolas infantís municipais.

Os datos serán obxecto de cesión ás empresas adxudicatarias da xestión de cada escola, que asumen expresamente as responsabilidades como encargadas do tratamento. Poderán ser cedidos tamén a outras Administracións públicas cando sexa necesario para a correcta prestación do servizo ou ben en cumprimento dun mandato legal ou xudicial. Tamén poderán ser verificados e cotexados con calquera outros dos que as demáis Administracións dispoñan a fin de comprobar a súa exactitude e veracidade.

As persoas interesadas poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición limitación do tratamento e portabilidade, así como opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na normativa vixente, perante o órgano responsable do ficheiro (Concello de Vigo). Así mesmo teñen dereito a presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org