Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosIES República Oriental do Uruguai (ROU)

IES República Oriental do Uruguai (ROU) - centro público

O IES República Oriental do Uruguai educa ao seu alumnado como cidadáns de pleno dereito nunha sociedade plural e democrática, cunha dimensión europea e internacional.

Promove a participación en programas e proxectos educativos para o desenvolvemento das competencias clave e a adquisición dunha sólida formación humanística e científica.

Defende un modelo que implique a todos os actores do proceso educativo: alumnado, familias, profesorado e sociedade.

Núcleos de actuación:

  • Coñecemento e dominio de linguas estranxeiras
  • Formación STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxenería e Matemáticas)
Equipamento e instalacións

A distribución dos espazos interiores e exteriores do centro caracterizan o proxecto educativo do centro.

  •  Aulas materia. Os nosos alumnos móvense en cada hora de aula, para ir á que lle corresponda no horario. En cada aula hai material específico. Por esa razón, temos taquillas na planta baixa do centro.
  • A Ágora, situada na parte central do vestíbulo, trátase dunha zona pensada para o alumnado. Nela facemos exposicións, o alumnado lee, se relaciona, comparte e aprende.
  • A Biblioteca, aberta polas tardes, mantén unha colección de libros e películas actualizada, que ten en conta as preferencias do alumnado.
  • ROUmaker Espazo con estacións multimedia de procesado de audio e vídeo, impresoras 3D, fresadora CNC, pequena ferramente eléctrica, máquina de coser
  • Aulas de informática. Tres aulas con aproximadamente 20 ordenadores cada unha
  • Laboratorio de Física
  • Laboratorio de Química
  • Laboratorio de Bioloxía
  • Aula de Educación Plástica
  • Aula de Música
  • Aula de Tecnoloxía
  • Pavillón e zonas deportivas
  • Salón de Actos con aforo para 300 persoas

 

Amosar
Actividades
Extraescolares

No centro temos un grupo de teatro no que participa alumnado de 3º e 4º de ESO, que ensaia os martes pola tarde de 16:30 a 18:10.

Da A.N.P.A.

A ANPA participa na vida do centro, colaborando con diversas actividades e concursos do centro

Estanse iniciando varias actividade extraescolares xestionada pola ANPA

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Niveis académicos: ESO e Bacharelato (itinerarios de Ciencias e Humanidades e Sociais)

1. Seccións Bilingües en Inglés de 1º a 4º de ESO
2. Seccións Bilingües en Inglés en 1º BAC

2. Agrupamentos específicos en 1º e 2º de ESO
Amosar
Outra información de interese

Para o noso centro é irrenunciable a mellora da calidade educativa, a garantía de igualdade de oportunidades e a capacitación do alumnado a través das competencias claves.

Para conseguir este obxectivo, o IES ROU participa en distintos programas e proxectos de innovación educativa e mellora do éxito escolar que implique a toda a comunidade educativa do instituto.

Na actualidade, están en funcionamento os seguintes plans e proxectos:

  • Bacharelato de excelencia STEM, para alumnado de 1º e 2º de BAC. Este alumnado recibe unha formación específica realcionada coa ciencia e atenoloxía e debe expoñer un porxecto de investigación co tutelado pola Universidade de Vigo.
  • ROUMAker Espazo adicado a tecnoloxía e a cienca dende todas as vertentes, onde a aprendizaxe é colaborativo e baseado en proxectos
  • Club de lectura (dende 2008), proxecto convocado poa Consellería de Cultura, Educación eO.U.
  • Contratos-programa para a mellora do éxito escolar, dende 2007, nas actuacións de PROA (Programade Orientación e Apoio), mellora das competencias claves e mellora da excelencia académica.
  • Plan Permanente de Formación do Profesorado, coa finalidade de implantar no centro de forma eficaz as modificacións da LOMCE.
  • Plan de Bibliotecas Escolares de Galicia, cun proxecto dunha duración de seis anos “O libro nos camiños da cultura occidental”, onde cada curso académico está dedicado a un período histórico. Curso 205-16, a Idade Media e no curso 2016-17, o Renacemento e así sucesivamente. Gañador no concurso de proxectos da Fundación Barrie, no curso 16-17
  • A horta escolar, posta en marcha dende hai catro anos, participou no Proxecto VozNatura, nos curso 2014-15 e 2015-16.
  • Os intercambios culturais con Italia, Francia e Portugal coa localidade francesa de Vannes (3º ESO ) e coa localidade italiana de Forli (1º BAC) son un xeito de fomentar o estudo das linguas e o interese por outras culturas.

 

Amosar
Galerías fotográficas

Fotos IES ROU

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 1º Ciclo ESO (12-14 anos)
  • 2º Ciclo ESO (14-16 anos)
  • Bacharelato (16-18 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886120490
  • Email: ies.republica.uruguai@edu.xunta.es
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Coutadas, 54. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 8:30 a 14:00 de luns a venres 16:30 a 18:00 os luns.
  • Clases: De luns a venres de 08:30 a 14:10 Tarde do luns de 16:30 a 18:10
Servizo de transporte

O centro conta con dúas liñas de transporte.

A liña 1, que percorre a rúa Aragón, Genaro de la Fuente e Travesía de Vigo ata o centro.

A liña 2, que parte do Areal e percorre as rúas García Barbón e Sanjurjo Badía ata o centro.

Servizo de comedor

O centro dispón dun servizo de cafetería que o alumnado pode utilizar durante os períodos de lecer e ao mediodía, reservando previamente

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o twitter do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org