Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEIM Santa Marta-Casco Vello

EIM Santa Marta-Casco Vello - centro público

A E.I.M. Santa Marta forma parte da Rede Municipal de Escolas Infantís do Concello de Vigo.

Contamos con tres unidades para nen@s de 3 meses ata 3 anos, agrupados por idades e por quendas:

-  Aula 1:     8 nen@s.

Aula 2:   13 nen@s.

Aula 3:   15 nen@s.

 

As actividades lectivas desenvólvense dende setembro ata xullo, de luns a venres, en horario de 7:30 a 20:00 horas, dividido en dúas quendas (a de Mañá de 07:30 a 15:45, e a de Tarde de 16:00 a 20:00 horas). O mes de agosto a Escola permanecerá pechada por vacacións.

 

O Equipo Profesional está formado por persoal debidamente preparado e cualificado para o desempeño das súas funcións. Todo o persoal da Escola queremos que @s nen@s medren nun marco educativo de calidade; creando, dende o respecto, un ambiente de benestar, confianza e seguridade, contribuíndo así ó seu desenvolvemento integral.

 

 A nosa Escola axudará a que @s nen@s desenvolvan ó máximo as súas capacidades, establezan as súas primeiras relacións sociais e acaden hábitos de autonomía, descubrindo así o mundo que os rodea, e aprendendo a expresarse.

 

O idioma vehicular é o Galego, respectando o Decreto 124/2007 de Promoción da Lingua Galega no Sector Educativo e a Ordenanza Municipal acordada polo Pleno en 1998. Nas aulas trabállanse os dous idiomas oficiais da nosa Comunidade Autónoma, e introdúcese o Inglés como terceira lingua, na Aula 3.

 

Nesta Escola tamén dispoñemos dun Servizo de Atención Temperá e mais dunha Asesoría Nutricional.

   

Equipamento e instalacións

- 3 Aulas.

- Comedor / Aula de usos múltiples.

- Cociña propia.

- Patio con Zona de Xogos.

- Espazo reservado para deixar os carriños de paseo.

Amosar
Actividades
Extraescolares

- Programa "Escola de Familias":   Unha vez ó mes, o Equipo de Atención Temperá prepara diferentes charlas con diversos temas sobre esta primeira etapa educativa.

 

- Obradoiros e Xogos en Familia:   Un día ó mes (actualmente suspendidos por mor da COVID-19).

 

- Saídas:   @s nen@s da Aula 3 contan, ó longo do curso, cunha serie de saídas ó seu entorno máis próximo.

 

Da A.N.P.A.

 A.N.P.A. “O TRANVÍA”:   A Asociación de Nais e Pais da Escola colabora de forma directa nas festas e nas actividades organizadas pola Escola.

 

Amosar
Outra información de interese

Equipo de Atención Temperá:   Traballamos cun Gabinete PsicoPedagóxico especializado en prevención de trastornos de desenvolvemento infantil, que asesora ó Equipo Educativo, e avalía ó alumnado co obxecto de previr e adiantarnos a posibles problemas, tanto presentes coma futuros.

 

- Servizo Nutricional: O Servizo Nutricional de Galicia (SERNUGA) é o encargado de elaborar os menús da Escola e adaptalos ás características d@s nen@s. Tódalas comidas son elaboradas na propia Escola.

 

 

Amosar
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 442 153
  • Fax: 986 442 154
  • Email: ei.santamarta@vigo.org
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Santa Marta, 38 - Interior (36202 - VIGO)
Horarios do centro
  • Oficina: Luns de 9:00 a 10:00 horas Martes de 16:00 a 17:00 horas Para outros horarios con Cita Previa.
  • Clases: Quenda da MAÑÁ: 7:30 a 15:45 Quenda da TARDE: 16:00 a 20:00
Redes sociais e web
Abrir o facebook do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org