Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioNovasEscolas Infantís Municipais curso 2018-2019: listas defintivas de admisión e listas de agarda

Escolas Infantís Municipais curso 2018-2019: listas defintivas de admisión e listas de agarda

Martes, 05 de xuño de 2018
Listados defintivos para cada escola do alumnado admitido e alumnado en lista de agarda das Escolas Infantís Municipais do Concello de Vigo para o curso 2018-2019.

As persoas que figuren con “Solicitude aceptada” nas “Listas definitivas de adminisión nas escolas infantís municipais para o curso 2018/2019” deberán formalizar a matrícula no prazo establecido nas “Normas para a adxudicación de prazas e matrícula nas Escolas Infantís Municipais 0-3 para o curso 2018/2019”: dende o 6 de xuño ao 22 de xuño de 2018, ámbolos dous días incluídos.

Para a formalización da matrícula deberán:

  • Recoller, na escola onde se obtivo a praza, a carta de pagamento -no seu caso- en concepto de matrícula. Deberán facer efectivo o pagamento en calquera oficina das seguintes entidades bancarias: Abanca, Banco Pastor, Banco Popular, Banco de Sabadell, Banco de Santander, Caixabank, Ibercaja, Novo Banco e BBVA.
  • Xunto co xustificante desta operación, na propia escola infantil deberán entregar asinado o Anexo 2 das citadas Normas (“Documento de aceptación de praza nas escolas infantís municipais do Concello de Vigo para o curso 2018/2019”), que lle será facilitado xunto co resto de información de interese, na propia da escola onde obtivo a praza.

 

Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org