Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEIM Navia

EIM Navia - centro público

Escola Infantil Municipal de primeiro ciclo que forma parte da Rede de Escolas Infantís do Concello de Vigo.

 

O período de actividades lectivas é de setembro ata o 31 de xullo en horario de 7:30 a 20:00 horas de luns a venres.

 


 

 

Equipamento e instalacións

SERVIZOS DA ESCOLA O principio de atención integral ao alumnado da Escola implica que contemos con servizos imprescindibles:

1.Equipo de Atención Temperá. Traballamos cun gabinete psicopedagóxico especializado en prevención de trastornos de desenvolvemento infantil que colabora como órgano asesor do Centro e avalía ao alumnado da Escola co obxecto de previr e adiantarnos a posibles problemas presentes ou futuros.

2.Escola de Familias. A principio de curso pasamos un cuestionario para coñecer as inquedanzas das familias e, en base aos resultados obtidos, programamos grupos de discusión ou charlas guiadas por especialistas para abordar as cuestións que máis preocupan xeralmente ás familias (alimentación, rabietas, sono...) e deste xeito facilitar estratexias e pautas para casa.

3.Servicio Nutricional. O Servicio Nutricional de Galicia elabora os menús da Escola e leva un control periódico paralelo ao pediatra de cada alumno/a sobre peso, altura e perímetro craneal co fin de detectar algunha anomalía. Todas as comidas son elaboradas pola cociñeira na Escola.

 

 

Amosar
Actividades
Extraescolares

Actividades extraescolares. Un sábado ao mes as mestras preparan un obradoiro para familias no cal poden participar os irmáns e irmás do noso alumnado. Son obradoiros lúdicos nos cales as familias poden coñecer e compartir momentos divertidos con compañeiros e titores dos seus fillos/as.

Amosar
Outra información de interese

RELACIÓN FAMILIA-ESCOLA

 

Educar é unha tarefa conxunta entre a Escola e a Familia e por iso facemos especial fincapé na boa relación comunicativa entre ambos axentes educativos propiciando unha transmisión mutua de información sobre actitudes e comportamentos. Na Escola dámoslle moita importancia a que as familias saiban en todo momento as actividades que se están a facer na Escola e explicámoslles de que forma poden participar con nós. A diario as familias reciben información verbal individualizada sobre cada peque: feitos destacables, estado de ánimo, alimentación, sono, deposicións... Propiciamos un momento comunicativo de intercambio de información sobre as cativas e cativos. Todos os meses enviamos un boletín informativo no cal explicamos a unidade didáctica proposta, que obxectivos imos traballar e de que maneira. Aproveitamos para incluír suxerencias e información sobre a canción do mes, festas, conmemoracións, aniversarios... Debido ao importante que é para nós ter pleno coñecemento das características globais do noso alumnado posto que ás veces pórtanse dunha maneira na Escola e doutra na casa, no parque, cos avós, etc. propoñemos titorías individualizadas nas cales as familias poden preguntar de forma específica asuntos de desenvolvemento da súa filla ou do seu fillo e ás mestras posibilítalle a opción a coñecer facetas do seu alumnado fóra do centro. Igualmente, de forma trimestral, facemos xuntanzas grupais por aula nas cales as mestras recordan cales son as normas da Escola, fan un repaso con fotos e vídeos do traballado durante o trimestre anterior e explican a proposta pedagóxica para o trimestre seguinte. Entendemos que este é un bo momento para escoitar propostas e aclarar dúbidas xerais.
 

Amosar
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 68 78 22
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Pedra Seixa, 37
Horarios do centro
  • Oficina: Luns e mércores de 9:45 a 12:00 horas
  • Titorías: Quenda de mañá ás 9:30 horas Quenda de tarde ás 16:00 horas Có Equipo de Atención Temperá cita previa.
  • Clases: -quenda de mañá: 7:30-15:45 horas Quenda de tarde: 16:00-20:00 horas
Servizo de comedor

A Escola conta con cociña propia, menús elaborados polo Servicio Nutricional de Galicia (SERNUGA), e comidas elaboradas por persoal de cociña especializado para adaptar sempre as comidas ás características alimentarias do alumnado.

Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org