Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosE.E.I. Rúa Hernán Cortés

E.E.I. Rúa Hernán Cortés - centro público

Adscrito ao centro: CEIP Lope de Vega

Somos unha Escola de Educación Infantil pública, que escolariza a nenos e nenas de 3 a 6 anos. Temos como obxectivo fundamental  o desenvolvemento integral do neno/a, levando a cabo unha labor docente baseada nos principios de tolerancia, solidaridade, respecto, integración, igualdade e paz. Adaptámonos ao ritmo de aprendizaxe de cada neno/a, tentando facer unha escola participativa e aberta de cara ao alumnado, profesorado, familia e institucións. 

Contamos, ademais dos titores/as  de aula, con profesorado especialista en Inglés, Audición e Linguaxe, profesorado de apoio e orientador.

O departamento de Orientación, formado por un Orientador e profesora de AL,  que ademáis de atender individualmente aos nenos/as que presentan necesidades educativas especiais de apoio educativo,  realizan obradoiros de estimulación e desenvolvemento da linguaxe oral en todas as aulas, así como un seguimento  continuado de todo o alumnado.

 

Fomentamos a lectura dende os primeiros anos de escolaridade, tanto no ámbito familiar como no escolar. Contamos con biblioteca escolar para nenos /as donde ademáis de ler, realízanse actividades variadas: contacontos, monicreques, conmemoracións, obradoiro.... Facemos partícipes a toda a comunidade educativa mediante os libros viaxeiros para familias  relacionados coa educación infantil e con contos e actividades para os nenos/as onde as familias poden disfrutar  da lectura  cos seus fillos/as.

Todos os cursos desenvólvese un proxecto educativo que serve de centro de interés  e do que partimos para desenvolver as actividades e contidos que permitan acadar as competencias establecidadas para esta etapa educativa. Este proxecto aplícase en todas as áreas e adáptase aos distintos niveis e capacidades dos nenos/as. Nestes dous derradeiros cursos traballamos o desenvolvemento da intelixencia emocional e a técnica de mindfulness, baseada en métodos de relaxación, atención e concentración. 

Desde os 3 anos introdúcese a primeira lingua estranxeira, inglés, impartida por especialista, distribuída en varias sesións semanais e integrada en diferentes áreas curriculares.


O horario é de 9:00 a 14:00 con servizo de comedor escolar de 14:00 a 16:00 horas.

A EEI Rúa Hernán Cortés está adscrita ao CEIP Lope de Vega, pendente de posible  modificacón co novo proxecto de zonificacón educativa que se está a debater,  polo que os nenos/as da nosa escola  teñen garantida a reserva de matrícula nese Centro Público para o ciclo de Primaria con transporte escolar.

Equipamento e instalacións

Contamos con tres amplas aulas de Infantil, unha para cada nivel , aula de psicomotricidade e audición e linguaxe,aula de reforzos educativos,  patio interior con xogos adecuados a estas idades, comedor  e baños adaptados.

As aulas contan, ademáis do material educativo tradicional, con equipos informáticos con acceso a Internet en todas elas a disposición dos nenos,  pizarras dixitais interactivas, donde o alumnado traballa diariamente utilizando as novas tecnoloxías.

A aula de psicomotricidade conta cun material específico para o desenvolvemento das capacidades psicomotoras, tan importantes nesta etapa.

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Contamos cos cursos de 4º, 5º e 6º de educación infantil, que comprende dende os 3 aos 6 anos
Non regulada
No Centro desenvolvemos diversas actividades extraescolares dependendo da demanda: pintura, natación, baile... Dispomos de servicio de comedor dende as 14:00 horas ata as 16:00 horas.
Amosar
Actividades
Extraescolares

Desenvolvemos varidadas actividades complementarias como saídas a centros culturais como: exposicións, teatro, contacontos..... e unha saída ao zoo de Vigo financiadas polo centro, sen coste algún para as familias..

Participamos tamén  en horario lectivo en obradoiros de igualdade, obradoiros de cociña, coidado da saúde e primeiros auxilios, obradoiros sensoriais, obradoiros de consumo responsable, reciclado e coidado do medio ambiente.

Participamos en proxectos educativos e innovadores promovidos pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo.

Da A.N.P.A.

A ANPA colabora en todas as actividades en que se lle require, e está aberta á participación na comunidade educativa mediante as canles establecidas. Cada curso valóranse as actividades máis axeitadas en función da demanda. As máis frecuentes son:

Clases de pintura.

Natación

Baile

 

 Saídas e outras  actividades dependendo da demanda.

Amosar
Galerías fotográficas

Actividades no Centro

Instalacións do Centro

< Galería 1Galería 2 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886120225
  • Fax: 886120226
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Hernán Cortés, 15 baixo. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: Luns, martes, mércores, xoves, venres de 13:00 a 13:45
  • Titorías: Martes:16:15-17:15h.
  • Clases: 9:00 a 14:00 horas.
Servizo de transporte

 O Centro non dispón de transporte escolar.

Servizo de comedor

 O comedor escolar  está situado na  entreplanta do Centro. É un servicio de Caterin servido pola empresa MANTENOR, xestionado pola ANPA. Conta cun número variable de coidadoras en función do número de comensais e os menús están regulados por nutricionistas infantís. Nesta actividade complementaria desenvolven hábitos de hixiene, alimentación saudable, autonomía e normas sociais de comportamento na mesa.

Os menús poden adaptarse en caso de alerxias, enfermidade ou relixión.

O horario de comedor é de  14:00 horas ata as 16:00 horas. Neste periodo , además do tempo dedicado a alimentación disfrutan dun tempo de lecer con xogos dirixidos e actividades.

 

Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org