Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEEI Monte da Guía

EEI Monte da Guía - centro público

Adscrito ao centro: CEP Santa Tegra e IES A Guía

A nosa escola acolle nenos/as de 3 a 6 anos.

 

Traballamos por proxectos, o que nos permite centrarnos no desenvolvemento integral da nena e do neno, na súa maduración psicomotriz e nas aprendizaxes significativas. Aprendizaxe vivencial e sensorial son a base de todas as propostas, tendo en conta o que as crianzas precisan en cada momento evolutivo.

 

O traballo reflíctese no proxecto educativo do centro, programado en equipo e aprobado polo Consello Escolar. Neste proceso promóvese o emprego das nosas dúas linguas oficiais: galego e castelán, introducindo o inglés desde os 3 anos. Somos un Centro Plurilingüe e contamos, ademáis cunha Auxiliar de conversa.

 

A Biblioteca é un dos eixos do noso centro, onde os nenos e nenas aprenden, disfrutan e se relacionan cos libros que lles proporcionan saber e divertimento (Dinamización da Biblioteca). Tamén dispoñemos de servizo de préstamo para pais/nais (Biblioteca de Familias)

 

As novas tecnoloxías son unha ferramenta principal na nosa metodoloxía. Dispoñemos de iPads, Beebots, encerados dixitais e ordenadores nas aulas, xa que somos conscientes de que a competencia dixital é prioritaria no modelo social e cultural no que vivimos.

 

Celebramos as festas tradicionais: magosto, entroido, maios,... así como outras cun forte obxectivo didáctico e pedagóxico (semana da prensa, semana das Letras Galegas, edición do xornal escolar "Tegriña"...) (Dinamización de Bibilotecca e de Normalización Lingüística).

 

Tamén realizamos saídas de índole educativa (Museos, obras de teatro, saídas para coñecer a nosa contorna...). 

 

Participamos en numerosos proxectos e premios: Plan de Bibliotecas Escolares, Voz Natura, Camiña con nós pola igualdade, de Convivencia ("Impórtanos", "Enrédate.org") e tamén en proxectos intercentros. Un dos nosos grandes proxectos foi XABARÍN18, con gran repercusión autonómica e que foi presentado en Decembro de 2012 en Culturgal (http://eeimontedaguia.wix.com/xabarin18).

 

Dinamizamos a Escola de Familias: charlas pedagóxicas, ambientais, de primeiros auxilios, etc.

 

Estamos orgullosos do noso labor, e tamén dos numerosos recoñecementos:

 

Premio Sing and Dance 2014 * Premio Innovación equiPADos 2014 * Finalistas Gústame namorarte en galego 2014 * Finalistas Cos pés na terra e QuéroTe Verde 2014/2015 * Triple Premio Voz Natura 2015/2016 * Mellor proxecto Un paso adiante, Mellor Blogue QuéroTe Verde e Mellor Vídeo Mundo Moco 2015/2016 * Premio Excelencia no Proxecto de Normalización Lingüística 2017 * Finalistas Convive con el Sol 2018 *

 

 

O equipo docente está formado por:

 

Catro especialistas de Educación Infantil (3 titoras e 1 mestra de apoio)

Especialista en Audición e Linguaxe

Especialista en Pedagoxía Terapéutica

Especialista de Inglés

Departamento de Orientación

Auxiliar de conversa

Equipamento e instalacións

3 aulas de 70 m2 con moita luz natural e calefacción

Biblioteca con amplo catálogo de libros para nenos/as e familias

Aula de Audición e Linguaxe

Aula de psicomotricidade e música/audiovisuais e usos múltiples

Abundante material pedagóxico e xogos

Aula matinal e comedor escolar

Baños axeitados

 

Patio exterior de 1400 m2 con xardín, céspede, horta, árbores de distintas especies, areeiro e zona de xogos

Patio cuberto

 

Amosar
Actividades
Extraescolares

Lingua de Signos, Intelixencia Emocional, Arte e Garabato, Música, Natación

Da A.N.P.A.

A nosa ANPA é moi activa e mantén co Centro unha relación moi estreita. Os pais/nais participan activamente na vida do Centro, en festas, saídas e actividades e obradoiros durante todo o curso.

 

A ANPA xestiona o comedor, a aula matinal e as actividades extraescolares, organiza festas, saídas en familias, propón actividades complementarias...

Amosar
Outra información de interese

 Máis videos das nosas actividades AQUÍAQUÍ.

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Novas do centro
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 120 960
  • Fax: 886 120 963
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Irmáns Misioneros dos enfermos pobres, 37 - 36207 Vigo
Horarios do centro
  • Titorías: Martes de 16:00 a 18:00, previa cita coa titora
  • Clases: 9:00 a 14:00
Servizo de comedor

Horario aula matinal: de 8:00 a 9:00 horas

Horario comedor: de 14:00 a 16:00

(Xestionados pola ANPA)

 

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org