Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEP Celso Emilio Ferreiro

CEP Celso Emilio Ferreiro - centro público

Adscrito ao centro: IES Alvaro Cunqueiro

A finalidade educativa do noso centro é proporcionarlle a todos os nenos e nenas unha educación integral que permita aumentar e afianzar o seu desenvolvemento persoal así como mellorar as  competencias básicas necesarias para un axeitado desenvolvemento persoal e intelectual.

 

                A actividade diaria do centro está encamiñada a colaborar, dende esta etapa, na preparación para o exercicio activo da cidadanía e do respecto aos dereitos humanos. Parello a esta formación de cidadáns respetuosos, tolerantes, demócratas e críticos tentamos desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como de actitudes de curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.

 

                Os obxectivos anteriormente explicitados tentamos levalos a cabo a través dun proceso de ensinanza-aprendizaxe cooperativo, construíndoo entre todos do xeito máis lúdico e atractivo posible. Por outra banda estamos dentro de varios programas ofertados pola  Administración educativa que inciden favorablemente na consecución dos logros propostos:

-         

          Programa Plambe: a través deste programa a nosa biblioteca escolar conta cada vez con máis e mellor dotación para que toda a comunidade educativa poida beneficiarse da mesma.

 

-       Programa-contrato PROA: o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria  con máis dificultades, ten á súa disposición, dende hai varios cursos, un profesor durante dúas tardes semanais para mellorar as súas competencias e para adquirir hábitos de traballo e autonomía na organización e realización das tarefas escolares.

 

-       Proxecto Abalar e equipamento TIC: desde o curso 2012-13 formamos parte da Rede Abalar da Consellería polo que todo o alumnado de 5º e 6º dispón dun ultraportátil persoal para desenvolver as tarefas nas aulas, o que nos permite integrar as tecnoloxías da información e a comunicación no traballo diario a nivel individual. Todas as aulas do colexio contan con ordenador, encerado dixital interactivo e videoproxector, ademais de dispoñer dunha aula de informática equipada con 26 ordenadores, pantalla e videoproxector.  A biblioteca tamén acolle unha zona multimedia con sete ordenadores que están a disposición do alumnado.

 

      Sección bilingüe: Dende o curso 2012-2013 contamos coa sección bilingüe para o alumnado de 5º e 6º, que consiste en impartir as clases de Plástica en inglés. O obxectivo é incidir na comunicación oral do alumnado para que adquiran soltura á hora de expresarse. Así mesmo, contamos cunha auxiliar de conversa procedente dun país anglófono que participa nas clases de inglés para favorecer a comunicación en lingua inglesa no alumnado e facilitar o coñecemento doutras culturas.

 

      Horto escolar: Dende o curso 2012-2013 funciona a pleno rendemento o noso horto. Leitugas, chícharos, tomates, allos, cebolas, cenoiras,... Cada grupo dispón dunha pequena parcela onde cultivan os seus productos.

 

      Programa froita na escola: Por quinto curso consecutivo e durante dúas semanas ao ano, o noso centro recibe do Fondo da Comunidade Europea froita para todos os alumnos e alumnas do centro.     

 

     Proxecto mediación social: Dende o curso 2012-2013  traballamos en colaboración coa Cruz Vermella levando a cabo uns talleres con actividades lúdico-educativas (reforzo educativo, adquisición de hábitos e condutas saudables e de convivencia, educación en valores, actividades lúdicas,...).


              O noso centro educativo está integrado no barrio de Coia e, dende aquí tentamos favorecer actividades que repercutan positivamente no mesmo. Mantemos actividades de colaboración con institucións deportivas ( Baloncesto Seis do Nadal, fútbol sala Vigo 2015, El Olivo… ) e sociais ( Cruz Vermella).

Equipamento e instalacións

EQUIPAMENTO:

-          Pavillón polideportivo

-          Aula de psicomotricidade

-          Aula de cociña

-          Aula de plástica

-          Aula de música

        Comedor escolar

        Aula matinal

            Laboratorio

-          Aula de informática

        Biblioteca escolar

-          Patio de recreo amplo ( 8790 metros cadrados ) distribuídos en diferentes zonas de xogo

-          Salón de actos

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Educación Primaria
Amosar
Actividades
Extraescolares

A ANPA Moraima organiza as seguintes actividades, de forma voluntaria, para o alumnado e as súas familias:

-          Escolas deportivas: baloncesto e natación.

-          Danza

-          Obradoiro de inglés

-          Iudo

        Patinaxe

        Fútbol sala

        Tenis

        Multideporte

        Cociña creativa

        Robótica

        Zumba e patinaxe para nais e pais.

Da A.N.P.A.

SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLA ANPA MORAIMA:

-          Servizo de madrugadores, "aula matinal", de 7:30a 9:00 no que se atende aos cativos antes do inicio da actividade lectiva.

-          A tardiña na escola: este servizo posibilita que os cativos que non poden ser recollidos antes queden supervisados e atendidos ata as 18.00 h.

Amosar
Galerías fotográficas

CEP Celso Emilio Ferreiro

< Galería 1 >
Novas do centro
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 298 058
  • Fax: 986 244 249
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa O Porriño, s/n. 36209 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:00 a 14:00 horas
  • Titorías: Martes de 18:00 a 19:00
  • Clases: 9:00 a 14:00
Servizo de transporte

TRANSPORTE ESCOLAR: O centro conta cunha liña de transporte que inicia o percorrido diante do Concello, continúa pola Avenida da Florida e segue ata o barrio de Navia.

        Unha liña (Rías Baixas)

Servizo de comedor

Comedor: xestionado pola Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, dispón de 140 prazas para este servizo, dende as 14.00 ata as 16.00.

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org